Reis Magos

04/01/2026

A cabalgata de Reis de Lourenzá será o día 5 de xaneiro, luns, desde as 17:00 horas.

 “Os nen@s e non tan nen@s de Lourenzá estamos agardando por unha visita moi esperada. Xa están aquí as súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente. Acaban de confirmar que estarán no noso concello o próximo luns 5 de xaneiro. Ás 17:00 horas a carroza das súas Maxestades sairá do recinto feiral para percorrer as parroquias. E ás 19:00 horas volverán ó Multiusos de Ponte de Cuñas para recibir a tod@s os nen@s e anotar as súas peticións”, anuncia o Concello de Lourenzá.

04/01/2026

O luns 5 de xaneiro haberá cabalgatas dos Reis Magos en San Ciprián e Cervo.

O Concello de Cervo anuncia que ás 18:00 horas comezará o percorrido por San Ciprián e haberá recepción na carpa da Praza dos Campos, coa actuación do Grupo Folclórico Mistura de Lieiro. Ademais repartiranse chocolate con biscoito e bocadillos de salchicha na Praza dos Campos da man da comisión de Festas da Santa Isabel de Lieiro. Esta cabalgata de Reis conta coa colaboración da Asociación Mulleres de San Ciprián e a ANPA Península da Paz.

E ás 19:30 horas comezarán o percorrido por Cervo e haberá recepción na Praza do Souto. Os Reis Magos e tamén as crianzas lerán as cartas cos seus desexos e actuará o grupo Milicrocas, as pequeñas cantareiras de Airiños Xunco, asociación que organiza esta cabalgata.

Etiquetas:
04/01/2026

A Concellería de Cultura do Concello de Xove informa da chegada das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente ao concello, “unha das citas máis agardadas destas datas tan especiais. As Súas Maxestades chegarán cedo a Xove para realizar unha visita moi especial á Residencia San Bartolomé, onde os seus usuarios e usuarias, sempre tan agradecidos, recibirán aos Reis con moito cariño e emoción. Posteriormente os Reis Magos desprazaranse á nave almacén do Concello, punto de saída do tradicional desfile das carrozas polas rúas de Xove, que arrancará ás 7 da tarde. O percorrido pasará por diante dos dous centros educativos do municipio, o Instituto e o Colexio, saíndo á Avenida Deputación pola que seguiran ata o cruce do parque e baixaran pola rúa Doutor José Baamonde Illade, desde onde se dirixirán cara ao Centro Cívico. Unha vez alí, as Súas Maxestades baixarán das...

leer más
03/01/2026

Os Reis Magos visitarán Celeiro de Mariñaos, no municipio de Barreiros, o día 5 de xaneiro, luns, e haberá o espectáculo infantil Quack Circus.

O evento, que empezará ás 17:00 horas nas Escolas, está organizado pola asociación Irmandade San Caetano, que anuncia: “chegan os Reis Magos e, como xa é tradición, deixaranse ver en Celeiro ás 5 da tarde e, unha vez se despidan para seguir polo longo camiño que teñen que facer, teremos un espectáculo circense para pequenos e grandes acompañado dunha espectacular chocolatada e roscón”.

03/01/2026

Os Reis Magos farán un percorrido polo municipio de Barreiros o día 5 de xaneiro, luns, desde as 10:30 horas.

O Concello de Barreiros anuncia: “as Súas Maxestades de Oriente confirmáronnos que volven percorrer Barreiros este luns para achegarnos toda a súa maxia e ilusión. Pola mañá, desde as 10:30 horas, visitarán algunhas das parroquias nas que non van estar pola tarde: comezarán o percorrido en Reinante para continuar por Vilamartín Pequeno, Vilamartín Grande, Cabarcos, A Rilleira, San Xusto e Vilamar. E pola tarde percorrerán San Cosme, saíndo ás 17:00 da Praza do Concello, para chegar ás 18:00 horas ao Centro Social. Alí farán a tradicional recepción e reparto de agasallos para todas as nenas e nenos que acudan. Non faltedes e, sobre todo, non esquezades ter todo preparadiño para a noite!”.

02/01/2026

Todo está listo en Ribadeo para Cabalgata de Reis, que terá lugar o vindeiro luns, 5 de xaneiro, a partir das 18:00 horas.

A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “as súas Maxestades de Oriente sairán nas súas carrozas desde a rúa Clemente Matínez Pasarón para percorrer acompañados de todo o seu séquito as principais rúas de Ribadeo”.

A edil ribadense subliña que “hai moito traballo detrás de todo o que as familias van poder ver na rúa o vindeiro luns, 5 de xaneiro. O Concello organiza esta cita coa que colaboraron moitas persoas voluntarias ao longo das últimas semanas ás que hoxe lles queremos agradecer todo o traballo e o apoio. Ao igual que ás empresas de Ribadeo, polas súas achegas como patrocinadores ou colaboradores, canalizadas a través de Acisa Ribadeo, a quen tamén lle agradecemos...

leer más
Etiquetas:
02/01/2026

Este sábado, día 3 de xaneiro, ás 21:00 horas a Casa da Cultura de Trabada acollerá a representación teatral titulada Ai! Señor, señor,…, a cargo do grupo Adala. Esta actuación enmárcase dentro dos ciclos culturais que o Concello vén desenvolvendo de maneira regular, “apostando polo teatro e pola dinamización cultural no municipio”.

O Concello de Trabada tamén anuncia que “o domingo 4 de xaneiro Trabada vivirá un dos momentos máis agardados polas familias coa celebración da tradicional Cabalgata dos Reis Magos, organizada pola Asociación Cultural O Picato, coa colaboración do Concello. A partir das 16:00 horas os Reis Magos visitarán o CAM, onde se fará entrega de roscóns para os maiores. Ás 17:30 horas dará comezo a cabalgata, cun percorrido desde a Casa da Cultura ata o Pavillón Municipal de Deportes, acompañados polo grupo de...

leer más
01/01/2026

A Cabalgata de Reis da Pontenova será o día 5 de xaneiro, luns, e sairá desde a praza dos Fornos ás 17:30 horas. Despois de facer un percorrido pola localidade está previsto que chegue ás 19:00 horas ao salón de actos da Casa da Cultura.

Está organizada polo Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) coa colaboración do Concello da Pontenova.

01/01/2026

No Valadouro o día 5 de xaneiro, luns, os Reis Magos serán recibidos na Casa do Concello ás 19:00 horas e despois farán unha cabalgata, que rematará na Casa da Cultura.

O Concello do Valadouro anuncia que o luns 5 de xaneiro ás 19:00 horas haberá unha “recepción oficial das súas Maxestades de Oriente na Casa do Concello coa entrega da chave máxica por parte do Sr. Alcalde. De seguido, saída da Comitiva Real polas rúas de Ferreira ata a recepción veciñal da Casa da Cultura pasando pola praza e a ponte. Nenos e nenas das asociacións Ao Compás do Río Ouro e Amado Lar interpretarán unha serie de panxoliñas. Ó rematar haberá chocolate con roscón de Reis”.

 

01/01/2026

A Cabalgata dos Reis Magos en Trabada, será este domingo, día 4 de xaneiro.

Está organizada pola asociación cultural O Picato, que anuncia: “a pesar de que están con moito traballiño, Melchor, Gaspar e Baltasar non queren deixar de visitarnos e pasar un anaquiño con nós, o domingo 4 de xaneiro. Ás 17:30 horas sairán da Casa da Cultura acompañados da banda de gaitas Brisas del Eo, ata o Pavillón Municipal de Deportes, onde entregarán a cada nen@ un pequeno agasallo. Por último disfrutaremos dunha chocolatada con roscón a ritmo de música tradicional”.