Bandeira

Etiquetas:
01/02/2019

O Centro Comercial Aberto de Foz fará entrega este domingo, 3 de febreiro, dunha bandeira de grandes dimensións destinada á afección do equipo de fútbol local, o CD Foz. Será antes do encontro que os enfrontará no Martínez Otero ao Viveiro e que dará comezo ás 16:30 horas.  

A bandeira mide 54 metros cadrados (9x6) e servirá para animar aínda máis ao CD Foz, desde as gradas do estadio Martínez Otero. 

No acto do vindeiro domingo participarán entre outros, os presidente do CCA e do CD Foz, José Carlos Paleo e José Mª García Rivera, respectivamente, ademais de directivos do colectivo empresarial e do club de fútbol.