Desfile
As inscricións ao Concurso de Disfraces do Desfile de Entroido ábrense este xoves
O Concello de Viveiro anuncia os detalles do programa do Entroido 2022, cuxos eventos comezarán o próximo xoves 24 de febreiro e rematarán o mércores 2 de marzo. O goberno local recupera así esta festa, tras a mellora epidemiolóxica, contando de novo co tradicional Concurso de Disfraces do Desfile de Entroido, cuxas inscricións abren este venres.
O programa de actividades retoma as Alpuxarradas e o enterro da sardiña, ademais de obradoiros e inchables para a infancia, un scape room e diferentes eventos con música en directo.
A programación comezará o xoves 24 co “Juepeo especial de comadres”, nos locais de hostalaría do Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro. O sábado 26 será o momento da “Troula de...
leer másO Concello de Xove confirma que, este ano, haberá desfile de Entroido que se celebrará o sábado 26 de febreiro.
A Concellería de Cultura xa sacou as bases do Gran Desfile que percorrerá as rúas de Xove e no que se entregarán 4.910 euros en premios.
Haberá premios nas categorías de Carrozas, Comparsas e Grupos de dez ou máis persoas, Grupos de Adultos de tres a nove persoas, Parellas de Adultos, Individuais de Adultos (de 14 anos en diante), Grupos Infantís de tres a nove persoas, Parellas Infantís e Individuais Infantís. Tamén haberá premios para o disfrace máis orixinal tanto individual como colectivo, para o conxunto máis numeroso, para o participante máis maior e para o participante máis novo.
Vilanova de Lourenzá celebrará o desfile de Entroido este ano. Será, como é tradicional, o Domingo de Piñata, que este ano coincide o 6 de marzo. Da organización encárgase o Concello e colabora a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL).
A alcaldesa, Rocío López, explica que “o tradicional desfile de Entroido de Lourenzá volve celebrarse este ano, despois de que no 2021 se optara por facelo on line. A programación e as bases do desfile daranse a coñecer nas próximas semanas. Estamos a traballar para garantir todo o cumprimento dos protocolos Covid e para que o evento transcorra do xeito máis seguro posible”.
A Concellería de Festexos organiza varias actividades do 25 de febreiro ao 2 de marzo para celebrar o Entroido. Os actos foron presentados hoxe por Toñi Eijo.
A edil burelesa explicou que “o 25 de febreiro, que é venres, haberá un xogo de busca do tesouro. O 27 será o desfile, que empezará ás cinco da tarde e ao remate haberá o acto de entrega de premios, cun DJ e chocolatada”. En total no desfile vanse repartir arredor de 2.000 euros en premios.
A concelleira de Festexos subliñou que “as persoas que participen no desfile deberán facelo empregando mascarilla e atendendo a todas as medidas sanitarias que teñamos en vigor nese momento”.
Toñi Eijo seguiu a relatar que “o día 28 farase un taller de cociña na Praza da Mariña, dedicado aos doces típicos do Entroido, para o que hai que...
leer másO Concello de Foz está a levar a cabo a realización dun documental no que se recolle a historia do carnaval na localidade, coincidindo coa celebración do 40 aniversario do seu desfile.
Este documental, que se estreará o vindeiro 20 de febreiro, una semana antes do desfile do Entroido 2022, é unha das actividades programadas para a edición especial deste ano, que conta con outras novidades que o concello está a perfilar con detalle.
Este vídeo documental significa unha viaxe polo tempo desde o século XIX ata a actualidade, contemplando as distintas celebracións do entroido na localidade, pasando pola postguerra, ditadura, chegada da democracia e sobre todo a celebración do ano 1982, data na que tivo lugar o primeiro desfile polas rúas da vila.
Mais de 30 persoas de tódalas idades...
leer másO Concello de Foz levará a aprobación ao próximo pleno da corporación municipal, que se celebrará o 3 de febreiro, a presentación do expediente para a declaración do Entroido focense como Festa de Interese Turístico Galego.
O alcalde, Fran Cajoto, explica que “o Entroido da Mariña por antonomasia é o de Foz. Este ano cumprirá a 40 edición do seu desfile (despois do obrigado confinamento e aposta polos medios electrónicos na anterior edición), mais o arraigamento e a existencia da vea carnavaleira en Foz é moito anterior”.
Dende o departamento municipal de Cultura esperan “que a corporación se una para buscar da man o recoñecemento a un evento que fortalece a Foz e une a moitos lugares da Mariña que acoden e comparten a ilusión de sacar un sorriso ao mundo cos seus múltiples traxes, cores e vitalidade”, apunta a...
leer másBaixo o lema 'Entroido na casa, verán na praza? (Fagámolo posible)', o goberno municipal de Viveiro convida á veciñanza a participar subindo un vídeo co seu disfrace a www.viveiroentroido.com
A Concellaría de Cultura do Concello de Viveiro organiza este ano un desfile dixital de disfraces co obxectivo de manter viva a tradición do entroido no municipio.
Por este motivo, e baixo o lema 'Entroido na casa, verán na praza? (Fagámolo posible)', o goberno municipal de Viveiro convida á veciñanza a participar subindo un vídeo co seu disfrace a www.viveiroentroido.com
“A situación epidemiolóxica impide a celebración do tradicional desfile de disfraces e carrozas, pero o entroido de Viveiro é unha das citas do ano e non queremos...
leer másBurela acollerá a celebración do seu desfile de entroido este domingo, 23 de febreiro, ás 17:00 horas con saída da rúa do Ril e chegada á praza do Concello, pasando pola avenida Arcadio Pardiñas e Eijo Garay.
As inscricións poden facerse ata o día 21 nos números de teléfono 982 581 141 e 647 136 673, a través da dirección casadaxuventude@burela.org ou no local social da SCR Ledicia o mesmo domingo do desfile, dende as 15.30 horas.
Ao final do desfile haberá chocolate e croissants gratis na carpa da praza do Concello, a entrega de premios e animación musical con Eventec.
Haberá premios, na categoría Infantil Individual: 90€ para o primeiro e 40€ para o segundo; Parella: 100€ para o primeiro e 60€ para o segundo; Grupo: 200€ para o primeiro,...
leer másAlfoz celebrará o seu desfile de entroido, o luns 24 de febreiro, ás 21:30 horas nas categorías infantís e ás 22:15 h. nas de adultos.
As inscricións anticipadas poden facerse en asociación.ocastelo@gmail.com ata o día 23 ou presentarse o mesmo día do desfile ás 20:00 horas.
Haberá premios, nas categorías Infantil (ata 14 anos) Individual: 40€ para o primeiro, 30€ para o segundo e 20€ para o terceiro; en Parellas: 60€ para o primeiro, 50€ para o segundo e 40€ para o terceiro; e Grupos: 90€ para o primeiro, 70€ para o segundo e 50€ para o terceiro. En Adultos Individual: 70€ para o primeiro, 50€ para o segundo e 30€ para o terceiro; Parellas: 90€ para o primeiro, 70€ para o segundo e 50€ para o terceiro; e Grupos: 150€ para o primeiro, 100€ para o segundo e 70€ para o...
leer más