Samaín
A asociación cultural Ruxe Ruxe organiza a súa quinta Festa de Samaín este sábado, día 1 de novembro na Sala Bahía, de Foz.
As actividades infantís serán de 16:00 a 20:00 horas e haberá pintacaras, xogos populares, animación musical, colchonetas, globoflexia, scape room, actuación de Peter Punk e concurso de cabazas con premios.
E desde as 23:30 horas terá lugar a Noite Tenebrosa, amenizada por Conxuro Discomóvil.
O municipio de Viveiro celebrará o Samaín con actividades que se desenvolverán esta fin de semana, concretamente o venres 31 de outubro e o sábado 1 de novembro.
O Concello de Viveiro anuncia: “temos dúas propostas cheas de maxia, medo e diversión para toda a familia: o venres 31 de outubro, tarde de Samaín na Praza Maior de 19:00 a 21:00 horas, con fotomatón, música polas rúas e reparto de caramelos nas tendas asociadas ao Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro. Ademais ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal, o contacontos A Corva, con Cristina Collazo, para pasalo de medo! E o sábado 1 de novembro, I Festa de Samaín en Lodeiro, con entrada de balde; haberá sesión infantil dende as 17:30 horas, chocolate con churros, concursos de cabazas e disfraces, música con DJ e entrega de premios; e sesión adulta dende as 00:00 horas,...
leer másO Concello de Cervo, en colaboración con diferentes asociacións, prepara unha fin de semana con varias propostas para celebrar o Samaín e o outono con actividades pensadas para todos os públicos. Serán desde o venres 31 de outubro ata o domingo 2 de novembro.
O venres a partir das 17:30 horas as Escolas Vellas de Cervo acollerán a Festa de Samaín, organizada pola Asociación Cultural Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo. Haberá un taller de Samaín e a actuación infantil Abracadaver, “pensada para os máis pequenos, nun ambiente cheo de maxia e diversión”.
O sábado de 10:00 a 12:00 horas celebrarase na Casa da Cultura un obradoiro de Samaín, dirixido a nenos e nenas de infantil e primaria, “para desfrutar dunha mañá creativa e moi especial”.
Tamén o sábado, a...
leer másO Vicedo celebrará a vixésima edición do seu desfile de Samaín, que sairá desde a Casa de Cultura, este venres, día 31 de outubro.
“Celebramos a 20ª edición co tradicional desfile de Samaín polas rúas do Vicedo. Ide preparando a saba e as pinturas para desfilar e asustar a todos os veciños. Despois chocolate con churros cortesía da APA. É unha edición especial e gustaríanos que tanto nenos como adultos (que varios algún día desfilaron) vos animásedes a vestirvos e desfilar por unha celebración humilde pero que foi capaz de conseguir celebrarse en 20 ocasións. Será a partir das 19:30 horas, pero desde unha hora antes podedes pasar a maquillarvos e pasar unha tarde noite de medo!”, anuncia o Concello de O Vicedo.
O Valadouro celebrará o Samaín con actividades que se desenvolverán o xoves 30 e o venres 31 de outubro.
O Concello do Valadouro anuncia que o xoves ás 19:00 horas na Casa da Cultura haberá “maxia terrorífica con En Samaín toca...maxia, acto dentro do programa de dinamización das bibliotecas Ler Conta Moito. E o venres 31 de outubro de 16:30 a 20:30 no pavillón: decoración de cabazas (tráea da casa); maquillaxe terrorífico; espectáculo de maxia, baile e xogos. Lembra vir disfrazado! Día organizado pola ANPA do CEIP Santa María do Valadouro e o Concello do Valadouro”.
A recentemente creada asociación xuvenil La Moderna, de Ribadeo, organiza unha festa de disfraces de Samaín para este venres, día 31 de outubro.
Será na sala ribadense Rosa Lar desde as 23:00 horas e a música correrá a cargo de dous DJs.
O Concello de Viveiro e o Centro Comercial Histórico de Viveiro celebrarán a noite de Samaín mañá, 31 de outubro, con múltiples actividades para todos os públicos.
A conmemoración desta data incluirá música polas rúas, destacando a actuación dun DJ na praza Maior, e reparto de caramelos nas tendas do Centro Comercial Histórico.
"Agardamos que a rapazada de Viveiro desfrute moito desta festa de Samaín e faga moito truco ou trato", sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.
"Queremos agradecer ao Centro Comercial Histórico que colabore con nós nestas iniciativas, sempre é un pracer traballar en conxunto", engade a concelleira.
O concello de Cervo terá actividades para celebrar o Samaín desde este xoves, 31 de outubro, ata o 4 de novembro, luns.
“En Cervo contamos con Samaín. Achégase esa data terrorífica e desde o Concello de Cervo temos varias propostas para desfrutar en familia”, anuncia o Concello cervense.
A programación comezará este xoves ás 19:00 horas nas Escolas Vellas de Cervo, coa actividade Historias con susto para durmir a gusto, a cargo de Rilo & Penadique. Está organizado por Airiños do Xunco.
O venres, 1 de novembro, ás 19:00 horas haberá maxia na Casa do Mar, en San Ciprián.
O sábado, tamén ás 19:00 na Casa do Mar, Dani García ofrecerá o espectáculo titulado Don Gelati
As actividades continuarán o domingo con ...
leer másA comparsa Ruxe Ruxe organiza a cuarta edición da actividade que denominan O Noso Samaín este sábado, día 2 de novembro, na Sala Bahía, de Foz.
Haberá festa infantil de 16:00 a 20:00 horas, con pintacaras, xogos populares, animación musical, colchoneta, globoflexia, contacontos a cargo de Marta Ortiz, scape room, mesa doce e concurso de cabazas con premios.
E a partir das 23:30 horas terá lugar a Noite Tenebrosa, amenizada coa música de Discomóvil Conxuro, con sorteos e outras sorpresas.
O Concello do Valadouro organiza actividades de Samaín os días 30 e 31 de outubro, mércores e xoves.
O mércores haberá un espectáculo de maxia titulado A Casa Encantada, a cargo do Mago Paco. Serán na Casa da Cultura ás 20:00 horas.
E para o xoves está programadas varias actividades: obradoiro de cabazas, xogos, pintacaras, photocall, entre outras. Terán lugar no pavillón polideportivo municipal ás 16:30 horas. “Prégase vir disfrazado/a e traer a túa propia cabaza se é posible”, comenta a organización, que corre a cargo da Concellería de Cultura e colabora a ANPA do CEIP Santa María do Valadouro.












