Samaín

28/10/2025

A recentemente creada asociación xuvenil La Moderna, de Ribadeo, organiza unha festa de disfraces de Samaín para este venres, día 31 de outubro.

Será na sala ribadense Rosa Lar desde as 23:00 horas e a música correrá a cargo de dous DJs.

Etiquetas:
30/10/2024

O Concello de Viveiro e o Centro Comercial Histórico de Viveiro celebrarán a noite de Samaín mañá, 31 de outubro, con múltiples actividades para todos os públicos. 

A conmemoración desta data incluirá música polas rúas, destacando a actuación dun DJ na praza Maior, e reparto de caramelos nas tendas do Centro Comercial Histórico. 

"Agardamos que a rapazada de Viveiro desfrute moito desta festa de Samaín e faga moito truco ou trato", sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega. 

"Queremos agradecer ao Centro Comercial Histórico que colabore con nós nestas iniciativas, sempre é un pracer traballar en conxunto", engade a concelleira.

Etiquetas:
30/10/2024

O concello de Cervo terá actividades para celebrar o Samaín desde este xoves, 31 de outubro, ata o 4 de novembro, luns.

“En Cervo contamos con Samaín. Achégase esa data terrorífica e desde o Concello de Cervo temos varias propostas para desfrutar en familia”, anuncia o Concello cervense.

A programación comezará este xoves ás 19:00 horas nas Escolas Vellas de Cervo, coa actividade Historias con susto para durmir a gusto, a cargo de Rilo & Penadique. Está organizado por Airiños do Xunco.

O venres, 1 de novembro, ás 19:00 horas haberá maxia na Casa do Mar, en San Ciprián.

O sábado, tamén ás 19:00 na Casa do Mar, Dani García ofrecerá o espectáculo titulado Don Gelati

As actividades continuarán o domingo con ...

leer más
29/10/2024

A comparsa Ruxe Ruxe organiza a cuarta edición da actividade que denominan O Noso Samaín este sábado, día 2 de novembro, na Sala Bahía, de Foz.

Haberá festa infantil de 16:00 a 20:00 horas, con pintacaras, xogos populares, animación musical, colchoneta, globoflexia, contacontos a cargo de Marta Ortiz, scape room, mesa doce e concurso de cabazas con premios.

E a partir das 23:30 horas terá lugar a Noite Tenebrosa, amenizada coa música de Discomóvil Conxuro, con sorteos e outras sorpresas.

26/10/2024

O Concello do Valadouro organiza actividades de Samaín os días 30 e 31 de outubro, mércores e xoves.

O mércores haberá un espectáculo de maxia titulado A Casa Encantada, a cargo do Mago Paco. Serán na Casa da Cultura ás 20:00 horas.

E para o xoves está programadas varias actividades: obradoiro de cabazas, xogos, pintacaras, photocall, entre outras. Terán lugar no pavillón polideportivo municipal ás 16:30 horas. “Prégase vir disfrazado/a e traer a túa propia cabaza se é posible”, comenta a organización, que corre a cargo da Concellería de Cultura e colabora a ANPA do CEIP Santa María do Valadouro.

Etiquetas:
22/10/2024

O Vicedo celebrará un desfile para celebrar o Samaín o día 31 de outubro, xoves. Será a partir das 19:30 horas na Casa da Cultura.

Está organizada pola APA e o Concello do Vicedo, que anuncian: “para manter o espírito do Samaín do Vicedo desfilaremos cunha saba branca ou camiseta branca moi longa. Cada participante debe traer a cabaza para desfilar. Ao final haberá chocolatada na Casa da Cultura para os asistentes. Esperamos moita asistencia e diversión, mentres metemos uns sustos polo pobo adiante”.

Etiquetas:
21/10/2024

O Vicedo empeza as actividades dedicadas a celebrar o Samaín cun espectáculo de maxia este xoves, día 24 de outubro. Será na Casa da Cultura ás 17 horas.

O Concello do Vicedo anuncia: “esta semana, o xoves, teremos unha actividade que empezará a abrir boca para o Samaín.En Samaín toca...maxia é un espectáculo moi divertido, destinado principalmente ó público infantil e xuvenil, pero que todos poderemos desfrutar para pasar un bo rato na tarde. Animádevos a vir”.

Etiquetas:
11/10/2024

A asociación cultural e musical Arume, de Burela, organiza a segunda Noite das Ánimas para celebrar o Samaín o día 31 de outubro, xoves, desde as 17:00 horas na Praza de Abastos de Burela.

Haberá actividades como taller de cabazas, confección de bonecas de millo, xogos tradicionais, contacontos, chocolatada, canto da Sinistra Compaña, procesión das ánimas, sorteos e foliada libre.

Arume anuncia: “volta a Noite Das Ánimas. O 31 de outubro agardamos por todos vós para desfrutar dunha tarde chea de actividades, nas que as nosas tradicións serán as protagonistas. Vide pasalo ben e a aprender cousiñas mentres enchemos o bandullo cunha boa chocolatada. Ás 21:00 horas  comeza unha foliada libre na que todos seredes benvidos. Traede o voso instrumento, ganiñas de cantar, bailar e a facer festa”.

Etiquetas:
09/10/2024

A asociación comarcal de nais, pais e titores de persoas con discapacidade da Mariña lucense Camiña organiza un taller de Samaín e unha cea baile benéfica para o día 26 de outubro, sábado, en Burela.

O taller de Samaín é para nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade e desenvolverase de 11 a 13 horas.

E a cea baile benéfica será no hotel restaurante Nordés e comezará ás 22 horas. “O prezo será de 35 euros (30 para a cea e 5 de donativo para a asociación). Contaremos coa colaboración de Dj Beto,que amenizará a noite. As entradas están dispoñibles tanto en Camiña A Mariña coma no hotel restaurante Nordés. Non esquezas facer a túa reserva con antelación”, explican desde Camiña.

Etiquetas:
27/10/2023

O Concello de Cervo organiza actividades de Samaín para o martes 31 de outubro e o mércores 1 de novembro.

O martes ás 19:30 horas haberá contos terroríficos da man de Ángeles Goás na actividade titulada “Caldo con unto e osos de defunto”. Será nas Escolas Vellas de Cervo, coa colaboración da asociación Airiños do Xunco.

E o mércores a partir das 18:00 horas na Casa do Mar terá lugar unha festa infantil de Samaín, na que haberá baile de disfraces, animación musical, talleres e outras actividades.