Monumentos

Etiquetas:
26/05/2017

A asociación Batitales, en colaboración coa Oficina de Turismo de Mondoñedo, organizan mañá, 27 de maio, a xornada “Desmontando monumentos”, que se enmarca dentro do ciclo Descubrindo Mondoñedo. 

O arqueólogo Abel Vigo ofrecerá explicacións sobre edificios como a Catedral, o Seminario ou a Casa do Concello. O acto é aberto a todo o público que queira asistir. 

O punto de encontró será a praza da Catedral ás 12 do mediodía.