Samaín

Etiquetas:
23/10/2018

A asociación Amigos da Troula, en colaboración co Concello de Cervo, organiza a Festa de Samaín que se celebrará o día 2 de novembro en San Ciprián.

Os actos darán comezo coa cea que terá lugar no restaurante Buenavista, a partir das 22:30 horas. O menú estará composto por ameixas en salsa mariñeira, lombo en salsa de améndoas, ensalada, café, chupito e viños Rioja e Albariño. O prezo é de 20 euros e a venda de tíckets é na Casa da Cultura de San Ciprián, e nos números de teléfono 691 656 600 ou 617 383 418.

Ademais haberá unha festa de balde para todas e todos, a partir das 00:30 horas na Casa do Mar de San Ciprián, con dj e premios aos mellor caracterizados.

 

Etiquetas:
30/10/2017

A Concellaría de Mocidade e o CFCA Pedro Murias organizan o Samaín, que este ano se celebrará na granxa situada en Vilaframil o vindeiro mércores, 1 de novembro. 

A edil Vanesa Yanes explica que “o que imos facer é unha visita guiada á exposición de cabazas ecolóxicas, sementaremos o noso propio legume, preparemos tamén as nosas cabazas e remataremos a tarde tomando un chocolate”.

A concelleira de Mocidade dixo que “contaremos con bus gratuíto para desprazarnos ata a granxa Pedro Murias, que sairá ás catro da tarde da Oficina de Turismo. E a volta será ás sete”.

Vanesa Yanes anima “a todos @s nen@s e moz@s de Ribadeo a gozar deste Samaín dun xeito diferente, na granxa Pedro Murias. O único que teñen que facer é estar un pouco antes das catro diante da Oficina de Turismo para coller o...

leer más
Etiquetas:
26/10/2017

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, celebrará un ano máis o Samaín con múltiples actividades dirixidas aos máis pequenos da casa.

Deste xeito, tal e como apuntou Caramés, deseñamos unha programación que abrangue dende o domingo 29 de outubro, ata o 1 de novembro, Día de Todos Os Santos.

De tal xeito, que para o domingo estamos a preparar un taller de cociña infantil, para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, que se desenvolverá na Casa do Mar, entre as 12:00 e as 13:30 horas.

O martes, 31 de outubro, terá lugar a Festa infantil entre as 18:30 e as 20:30 horas, na Casa do Mar de San Ciprián “que contará co espectáculo Casa Encantada, ademais de xogos, baile, maquillaxe de terror e moitas outras sorpresas terroríficas”.

... leer más
23/10/2017

O Goberno da Deputación ofrece este sábado, obradoiros gratuítos e para todas as idades, nos 4 museos da provincia, con motivo do Samaín. Así o informou este luns a Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto. As actividades terán lugar no Museo Provincial de Lugo, no Museo Fortaleza de San Paio de Narla en Friol, no Museo Provincial do Mar en Cervo, e no Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos. Os interesados en participar nestes obradoiros poden inscribirse nos museos onde se realizan as actividades.

As 4 actividades gratuítas que ofrece o Goberno da Deputación este sábado nos 4 museos da Rede Museística Provincial son:

- No Museo Provincial de Lugo, de 11:00 a 13:00 horas, terá lugar o obradoiro Samaín no museo. Está dirixido a nenos de entre 8 e 12 anos e conta con 15 prazas. Os participantes...

leer más
Etiquetas:
29/10/2016
As rúas do Vicedo serán escenario o 31 de outubro do desfile do Samaín, pioneiro na comarca da Mariña.
 
Durante a fin de semana estase a celebrar un obradoiro de obxecto de Samaín para nenos e nenas de educación infantil e primaria e estanse a preparar as cabazas para adornar as rúas.
 
O desfile do Samaín, que se ven celebrando desde hai 14 anos, terá lugar o 31 de outubro a partir das 20 horas con saída e regreso da Casa da Cultura. Ao final haberá unha merenda para os asistentes. 
 
Para desfilar é preciso levan unha sabana branca ou unha camiseta branca moi longa. E cada participante debe levar unha cabaza da casa. 
 
A actividade está organizada polo Concello e pola Anpa de O Vicedo. 
 
Etiquetas:
27/10/2016
O Concello de Cervo organiza unha programación infantil para celebrar o Samaín. Terá lugar do 29 de outubro ao 1 de novembro.
 
O Concello de Cervo organiza unha programación infantil para celebrar o Samaín os días 29 e 31 de outubro e 1 de novembro.
 
Este sábado, 29 de outubro, ás catro da tarde haberá un taller de cociña infantil na Casa do Mar, de San Ciprián. Neste mesmo lugar o luns 31 a partir das 18 horas celebrarase unha festa infantil. E o día 1 de novembro, martes, terá lugar na biblioteca de Cervo un taller de manualidades ás catro da tarde. Para participar nos talleres hai que apuntarse contactando co teléfono 691.65.66.00.
 
Ademais a asociación protectora de animais Coletiñas organiza unha festa de halloween  para recadar fondos mañá, venres, a partir das 23 horas na Casa do Mar, de San Ciprián. Neste evento colabora o Concello de Cervo.  
... leer más
Etiquetas:
27/10/2016
A Concellería de Cultura do Valadouro organiza diversas actividades con motivo do Samaín. Será o 31 de outubro e están destinadas a nenos e nenas de 2 a 12 anos.
 
O 31 de outubro en O Valadouro celébranse diversas actividades con motivo do Samaín.
 
Haberá obradoiros, xogos, merenda terrorífica e pintacaras e están dirixidas a nenos e nenas con idades entre 2 e 12 anos. O programa comezará ás 16:30 horas e desenvolverase no pavillón polideportivo municipal de O Valadouro.
 
As inscricións poderán facerse na Casa da Cultura e o prazo límite para anotarse é o 29 de outubro ás 13:00 horas. As prazas son limitadas.
 
Estas actividades están organizadas pola Concellería de Cultura do Valadouro.
 
Etiquetas:
28/10/2015
O Concello de Barreiros organiza unha festa do Samaín para os máis pequenos. Será o 30 de outubro no centro sociocultural.
 
O Concello festexará o Samaín con actividades dirixidas aos nen@s no Salón de Actos do Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro. 
A Festa do Samaín celebrarase o 30 de outubro entre ás 17 e as 20 horas e contará con monitores, que prepararán para os cativos diversas actividades, como pintacaras ou un obradoiro de manualidades. Todos os materiais serán facilitados polos monitores. Ao acabar, sobre as 20 horas, haberá unha degustación de chocolate con churros para todos os asistentes. 
 
Etiquetas:
28/10/2015
O Concello de Cervo organiza talleres de manualidades e de cociña, festa e cine para celebrar o Samaín.
 
A Delegación de Educación e Cultura do Concello de Cervo, que dirixe a concelleira Dolores García Caramés, organiza talleres de manualidades e de cociña, festa e cine, entre outras actividades, para que os nenos e nenas do municipio celebren o Samaín.
 
Dolores García anunciou hoxe que o alumnado do punto de atención á infancia (PAI) celebrará este venres, día 30, a súa festa temática con xogos e merenda no salón de actos da Casa do Mar de San Ciprián a partir das 17:30 horas. Tamén este venres haberá un taller de manualidades de Samaín na Casa do Mar de 11 a 12:30 horas para alumnos de Infantil e de 12:30 a 14 horas para os de Primaria.    
O sábado, día 31, tamén na Casa do Mar,...
leer más
Etiquetas:
27/10/2015
Ribadeo celebra o Samaín o 30 de outubro con obradoiros de decoración de cabazas e reparto de castañas.
 
O Samaín chega a Ribadeo con multitude de propostas de ocio para esta fin de semana. O Concello organiza este venres, 30 de outubro, dende as 16:30 horas na Praza de Abastos un obradoiro de decoración de cabazas, para o que os participantes deben levar a súa propia cabaza e utensilios para limpala. Haberá tamén manualidades feitas con castañas e lambetadas terroríficas “truco ou trato”. Dende as 18:30 horas os cativos poderán gozar cun contacontos a cargo de A Cabaza Mostaza sobre a orixe do Samaín. Un tren das castañas asará e repartirá gratuitamente castañas durante a tarde do venres. 
A cita está organizada polo OMIX e polo Concello ribadense.