A comparsa Ruxe Ruxe organiza unha festa de Samaín para o 28 de outubro na Sala Bahía de Foz

A comparsa Ruxe Ruxe, de Vilaronte, organiza unha festa de Samaín para o día 28 de outubro, sábado, na Sala Bahía, de Foz.

De 16:00 a 20:00 horas terá lugar unha festa infantil con actividades como pintacaras, xogos populares e animación musical, colchoneta, etcétera. Ademais o mago Martín Carmiña presentará o espectáculo ‘Ilusións sen azucre industrial’ e haberá tamén scape room, mesa doce e concurso de cabazas.

E a partir das 23:30 horas será a Noite Tenebrosa amenizada polo DJ Pedro Brmudz, na que haberá sorteos e sorpresas.