O casco histórico de Viveiro acolle a celebración do Samaín os días 29 e 30 de outubro.

O Concello de Viveiro invita á cidadanía a gozar mañá, 29 de outubro, e este sábado, día 30, da festa do Samaín nas rúas do Casco Histórico de Viveiro. 

As rúas contarán con amenización musical e repartiranse caramelos, cortesía do Concello e da asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro, para os cativos e cativas que acudan disfrazados aos comercios asociados.