O Concello de Cervo organiza actividades de Samaín o 31 de outubro e o 1 de novembro

O Concello de Cervo organiza actividades de Samaín para o martes 31 de outubro e o mércores 1 de novembro.

O martes ás 19:30 horas haberá contos terroríficos da man de Ángeles Goás na actividade titulada “Caldo con unto e osos de defunto”. Será nas Escolas Vellas de Cervo, coa colaboración da asociación Airiños do Xunco.

E o mércores a partir das 18:00 horas na Casa do Mar terá lugar unha festa infantil de Samaín, na que haberá baile de disfraces, animación musical, talleres e outras actividades.