Maratón

Etiquetas:
10/09/2025

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta patrocina a XI Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar este sábado, 13 de setembro. A pasada noite pechouse a inscrición con 1.076 persoas anotadas. 

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou que “a Media Maratón Ribadeo-As Catedrais vai a máis. Nesta décimo primeira edición temos récord de inscritos, contamos con 1.076 corredores e corredoras anotadas para disputar esta proba este sábado, día 13”.

O edil ribadense dixo que “os participantes poderán gozar dunha paisaxe espectacular así como as seus acompañantes. É unha fin de semana importante para Ribadeo e para o seu tecido empresarial porque moitas destas persoas chegadas doutras provincias durmirán, comerán e cearán na nosa vila, prolongando deste xeito a boa tempada que vivimos durante os...

leer más
06/09/2025

Acisa colabora un ano máis coa Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. Todas as persoas que completen a décimo primeira edición o vindeiro sábado, 13 de setembro, recibirán unha medalla conmemorativa xentileza do colectivo empresarial ribadense. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo “dende Acisa estamos satisfeitos de poder colaborar un ano mais co Concello aportando as medallas de fin de carreira da décimo primeira Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar o vindeiro 13 de setembro. Todas as corredoras e corredores que rematen a carreira recibirán unha medalla conmemorativa xentileza da nosa asociación. Ademais, algúns negocios asociados a Acisa tamén quixeron aportar unha pequena colaboración, en forma de regalos para sortear entre os participantes”. 

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, destacou que “a...

leer más
Etiquetas:
11/09/2024

A pasada media noite pechouse o prazo de inscrición para participar na X Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar este sábado, 14 de setembro. A cifra é de récord, en palabras do concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent. 

O edil ribadense asegurou: “estamos moi contentos cos datos de inscrición na X Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. Pechamos a inscrición esta noite con 937 corredores e corredoras, que é un auténtico récord para esta proba”.

Silvent subliñou que “cada ano son máis os atletas que se animan a participar na media maratón Ribadeo-As Catedrais. Moitos veñen acompañados das súas familias ou de amigos e pasan a fin de semana na nosa vila, co que iso supón para os hoteis, para os restaurantes e para o comercio. Deporte e turismo van moi unidos nestes eventos deportivos, que contribúen á...

leer más
Etiquetas:
22/05/2024

Special Olympics Galicia e o Concello de Viveiro presentaron esta tarde a 26 edición do Maratón Autonómico Urbano para persoas con discapacidade intelectual, que a asociación deportiva celebrará este sábado 25 de maio na localidade lucense.  Para dar a coñecer toda a programación, o Concello de Viveiro acolleu o acto de presentación coa presenza do tenente de alcaldesa, Jesús Fernández Fernández; o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández Pérez, e o xefe do Servizo Provincial de Deporte da Xunta, Manuel Otero Méndez, ademáis das representantes da asociación local ASPANANE, a presidenta, María Dolores Fernández Pérez, e a directora xerente, María Elena Santos Cociña.
 
O representante da Xunta, Manuel Otero, agradeu a todas as asociacións que van estar presentes na xornada así como a clubes e atletas, “como Adrián Ben ou Susana Rodríguez...

leer más
30/04/2024

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, anuncia que o Maratón Autonómico Urbano 2024 de Special Olympics Galicia celebrarase o día 25 de maio no municipio. O evento convocará, entre participantes e organización, a unhas 350 persoas.

Este maratón está organizado por Special Olympics Galicia, promovido pola Asociación de Pais de Persoas Con Discapacidade Intelectual de Viveiro (ASPANANE), e coa colaboración da federación de asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual FADEMGA - Plena Inclusión Galicia, do Concello de Viveiro e da Deputación de Lugo.

... leer más
Etiquetas:
07/03/2024

A X Media Maratón Ribadeo-As Catedrais terá lugar o 14 de setembro. A inscrición para participar ábrese mañá. 

O concelleiro de Deportes, Francisco José SIlvent, dixo: “presentamos hoxe a décima media maratón Ribadeo-As Catedrais, que se celebrará o 14 de setembro. Mañá, 8 de marzo, ás 20  horas abriranse as inscricións”. 

O edil ribadense manifestou que “desde a organización agardamos que sexan moitas as corredoras e os corredores que se animen a participar nesta nova edición da media maratón. O ano pasado foron máis de 700 os deportistas que a correron e agardamos poder superar esa cifra neste 2024. Moitos veñen acompañados das súas familias ou de amigos e pasan a fin de semana na nosa vila, co que iso supón para os hoteis, para os restaurantes ou mesmo para o comercio”. 

Silvent tivo...

leer más
Etiquetas:
14/09/2023

Acisa colabora un ano máis coa Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. Todas as persoas que completen a novena edición o vindeiro sábado, 16 de setembro, recibirán unha medalla conmemorativa xentileza do colectivo empresarial ribadense. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado,  contou que “este sábado, 16 de setembro, celébrase a IX Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. Todos os corredores e corredoras que completen o percorrido recibirán unha medalla conmemorativa xentileza de Acisa Ribadeo, que colabora deste xeito con esta proba. Como novidade, algúns negocios asociados a Acisa tamén quixeron aportar unha pequena colaboración, en forma de regalos para sortear entre os participantes”

Desde Acisa amósanse satisfeitos de poder colaborar un ano máis coa Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. O xerente, Jesús Perez, dixo: “...

leer más
Etiquetas:
03/05/2023

O XXV Maratón Autonómico Urbano Special Olympics Galicia, que se celebrará o 6 de maio en Burela, obrigará a cortar o tráfico en varias rúas. De 8 a 15 horas non se poderá circular por Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Lamestra e Eijo Garay e tamén haberá cortes puntuais noutras rúas polas que discorran as probas de 1.500 e 3.000 metros. 

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, dixo: “queremos reforzar, se cabe aínda máis, a seguridade con motivo da celebración deste maratón, que nos obrigará a facer unha serie de cortes de tráfico. Haberá 4 probas: de 300 metros, de 800, de 1.500 e de 3.000 metros. Nas que máis afectado se vai ver o tráfico será nas probas de 300 e 800 metros, que son nas que participará a xente con maior discapacidade. Entón vamos facer cortes de tráfico nas rúas Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Lamestra e Eijo Garay,...

leer más
Etiquetas:
20/04/2023

O 16 de setembro terá lugar a IX Media Maratón Ribadeo-As Catedrais.O evento foi presentado hoxe. A inscrición para participar ábrese mañá, día 21. A Media Maratón está organizada polo Concello de Ribadeo co que colaboran, entre outros, El Progreso e Acisa. 

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, indicou que “comeza o prazo de inscrición dunha nova edición da Media Maratón que vai desde a Praza do Concello ata As Catedrais e que será o 16 de setembro ás cinco da tarde. Ábrese o prazo de inscrición este venres a partir das 17 horas coas seguintes cuestións: para os 100 primeiros inscritos, 5 euros; a partir dos 100 en adiante ata o 17 de maio serán 6 euros; desde o 18 de maio ata o 25 de xullo, 7 euros; do 26 de xullo ao 15 de agosto, 8 euros; e desde o 16 de agosto ata o 12 de setembro, 9 euros. Para estas inscricións está aberto o portal...

leer más
Etiquetas:
12/09/2022

Todo está listo para a celebración da VIII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar o vindeiro sábado, 17 de setembro. A inscrición péchase mañá. 

A proba partirá das inmediacións do Concello e discorrerá por todo o litoral ribadense ata chegar á praia de Augasantas, onde estará instalada a meta e onde serán entregados os trofeos aos vencedores e vencedoras.

Ata o momento son 630 os anotados, aínda que a cifra pode medrar un pouco máis, dado que a inscrición se pecha na xornada de mañá, martes. 

Desde o Concello agradecen “o apoio de todos os colaboradores para que un ano máis, e xa van oito, a media maratón entre Ribadeo e As Catedrais se poida celebrar. E sobre todo temos que dar as grazas ao voluntariado porque son moi importantes no percorrido e sen os voluntarios e as...

leer más