Pancetada

Etiquetas:
20/07/2023

Burela celebrará o Día de Galicia co concerto de De Vacas e cunha pancetada. Será na praza do Concello a partir das oito da tarde.

 

De Vacas chega a Burela coa súa nova xira, Rebovina Divas Live, un paseo polas mellores voces femininas da música pop mundial das últimas décadas coa ollada humorística e irreverente desta formación. O acceso é libre e de balde.

 

A alcaldesa, Carmela López, explica que “quixemos programar unha actividade importante para o 25 de xullo co obxectivo de animar á xente de Burela e aos moitos que nos visitan nestas datas a gozar do Día de Galicia na nosa vila con boa música, como a que nos traerán De Vacas, e tamén con gastronomía da man do Club Baloncesto Burela”.

 

Na mesma Praza do Concello o Club Baloncesto...

leer más
Etiquetas:
10/08/2022

O vindeiro 20 de agosto celebrarase en Foz a II Panceparty, unha pancetada organizada por Éche O Que Hai, coa colaboración do Concello.

Será no Campo da Cabana a partir das 20:00 horas, pero xa ás 13:00 horas se poderá desfrutar da sesión vermú, que contará con música en directo e DJ.

Nesta festa poderase elixir entre panceta con chourizo ou langostinos, e con cada ración vai incluído pan, auga, viño e unha rifa. O sorteo será ás 00:30 horas 

O prezo do tícket é de 10€, pero con venta anticipada a pode conseguirse a 9€ na web www.echeoquehai.com