Centenario

Etiquetas:
23/05/2018

O Cine Teatro acolleu a presentación dos actos que se desenvolverán ao longo de todo este ano para conmemorar o centenario do nacemento de Carlos Álvarez Fernández-Cid. Un dos primeiros será este sábado, 26 de maio, data na que se descubrirá unha placa na casa na que naceu. A directora da Coral Polifónica de Ribadeo, Mª Carmen Rodríguez Cancelo, subliñou que “Carlos Cid é unha figura imprescindible da historia da música de Ribadeo”. Ao acto deste mediodía acudiu o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, xunto a representantes da Banda de Música, de Amadores da Música, da EMMeD, do IES de Ribadeo, da parroquia de Santa María do Campo e da Peña Madridista del Eo.

Os actos deste centenario están organizados pola Coral Polifónica de Ribadeo e a Sociedade Filantrópico Dramática e contan coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia...

leer más
Etiquetas:
26/11/2017
O Concello de Cervo, conxuntamente con Paco Piñeiro, está a organizar un acto homenaxe con motivo do Centenario das Escolas de Cervo.
 
Así, para conmemorar esa efeméride, Paco Piñeiro, leva meses traballando na creación da Crónica Histórico-Literaria da Parroquia de Santa María de Cervo.
 
Un libro que será editado polo Concello de Cervo, e que será presentado nun acto aberto ao público o mesmo día do Centenario.
 
Tal e como apuntou Villares, “eu xa tiven a oportunidade de poder ver un esbozo do gran traballo que está a facer Paco, e que será sen dúbida un manual imprescindible en cada fogar cervense  porque é unha extraordinaria recomplación que abrangue o pasado, pero que tamén...
leer más