Curso
O Sindicato Labrego Galego organiza un curso gratuíto sobre xestión de novas pragas e enfermidades no cultivo da horta e da faba. Será en Lourenzá, concretamente na Aula de Formación do Multiusos Ponte de Cuñas, os días 1, 3 e 4 de decembro de 16 a 20 horas.
“Unha formación fundamental para as persoas produtoras”, destaca o SLG, que anuncia que está dirixido a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.
As inscricións poden facerse a través do teléfono 698.15.96.67 ou do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal.
O Sindicato Labrego Galego (SLG) ofrece un curso de mellora da rendibilidade nas granxas da comarca en Lourenzá os días 24, 26 e 28 de novembro. Será na Aula de Formación do Multiusos Ponte de Cuñas de 16 a 20 horas.
“É importante coñecer todas as ferramentas. Veremos contabilidade básica das gandarías, reducindo custes co pastoreo; ferramentas administrativas para mellorar a base territorial e experiencias; e experiencias de comercialización directa e transformación en orixe”, anuncia o SLG.
A inscricións poden facerse a través do teléfono 698.15.96.67 ou do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal.
É unha actividade financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).
O Concello de Trabada anuncia a apertura do prazo de inscrición, ata o 26 de novembro, para participar no curso A00-010. Nivel básico de informática, unha actividade totalmente de balde dirixida aos veciños e veciñas do municipio dentro do programa E para dixitalizarse Lugo, impulsado pola Deputación de Lugo e financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU.
Impartirase na Casa da Cultura os días 12 e 19 de decembro de 2025, 9, 16, 23 e 30 de xaneiro, 6, 13 e 20 de febreiro de 2026 de 18:00 a 21:00 horas. E os días 13 e 20 de decembro de 2025, 10, 17, 24 e 31 de xaneiro, 7, 14 e 21 de febreiro de 2026. De 10:00 a 13:00 horas.
Hai 12 prazas e as persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición presencialmente no Concello de Trabada ata o 26 de novembro.
... leer másO Concello da Pontenova organiza un curso de lingua galega, aberto a todas as persoas, independentemente do seu nivel de coñecemento do idioma. Comeza este mércores, día 12 de novembro, coa presentación, que será ás 19:00 horas.
Desenvolverase os mércores de 19:00 a 20:00 horas na Aula da Casa da Cultura. Terá unha duración de 40 horas e será impartido polo profesor Xosé Lastra Muruais. É gratuíto e ao remate do curso o alumnado poderá prepararse para as probas CELGA, segundo o seu nivel.
As inscricións fanse no Concello da Pontenova contactando con Teresa (teléfono 982.34.22.77).
Foz acollerá os días 17 e 18 de outubro, venres e sábado, o terceiro curso de formación do profesorado en dirección de coros infantís e xuvenís preparatorio para Mariña en canto 2026. Será impartido por Josu Elberdin Badiola no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA).
As persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse gratuitamente a través do correo electrónico amarinaencanto@gmail.com ou do teléfono 644.001.017.
As actividades desenvolveranse o venres de 16:00 a 20:00 horas e o sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Este curso está organizado pola Fundación Xesús Bal y Gay.
O Concello de Alfoz presenta o II Curso de Pádel para Adultos, que se desenvolverá dende o 18 de outubro ata o mes de xuño. As sesións impartiranse os sábados en horario de tarde, adaptadas aos diferentes niveis de xogo: nivel de iniciación (para persoas que nunca xogaron ou que tiveron un primeiro contacto), sábados de 16:00 a 17:00 horas; nivel intermedio (para quen xa asistiu a cursos previos ou xoga ocasionalmente), sábados de 17:00 a 18:00 e de 18:00 a 19:00 horas; nivel de perfeccionamento (para xogadores/as habituais con experiencia en competición), sábados de 19:00 a 20:00 horas.
O custo da actividade será de 10 euros ao mes e as persoas participantes deberán levar a súa propia pala de xogo.
O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 2 e o 9 de outubro, tramitándose a través do Concello. As prazas...
leer másOurol acollerá un curso sobre cultivos de outono inverno os días 1 e 2 de outubro, mércores e xoves. Será de 16:00 a 20:00 horas no Centro Social de Merille. A inscrición está aberta ata o 30 de setembro nos teléfonos 982.55.90.19 ou 608.69.40.51.
Os temas que se abordarán son: “o horto no inverno, coidados e principais cultivos; preparación do terreo e retirada dos restos de colleitas anteriores; preparación da sementeira e rotación de cultivos; cobertura da terra (acolchado); e materiais imprescindibles para a horta no inverno”.
A Aula CeMIT do Vicedo organiza un curso sobre banca dixital que se desenvolverá os días 16 e 23 de outubro e 6 de novembro, xoves, de 17:30 a 20:00 horas.
Haberá tres bloques formativos diferenciados: seguridade (temas relacionados con ciberseguridade, noticias falsas, timos, fishing, etcétera); práctico banco online (uso da banca no móbil e no ordenador, pagos, etcétera) e práctico caixeiros (uso do caixeiro automático).
As inscricións poden facerse a través do teléfono 982.59.01.95, do correo electrónico cemit.ovicedo@xunta.gal, de forma privada nas distintas redes sociais ou de maneira presencial na Casa da Cultura Aula CeMIT do Vicedo.
Este venres, 19 de setembro, remata o prazo de matrícula no curso de inglés para comercio e hostalería que organizan Acisa e a Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliña que “Ribadeo recibe cada ano a máis turistas chegados desde outros países, a maioría deles falan inglés e pensamos que sería moi bo que cando van a un bar, a un restaurante, a un hotel ou a un comercio se poidan comunicar con nós nesa lingua, dunha forma sinxela. O turismo estranxeiro vai a máis e nós debemos estar preparados para recibilo e para poder desenvolvernos do mellor xeito posible. Cantos mellores sexan os servizos que ofrecemos desde Ribadeo e desde os nosos negocios, mellor será para todas e todos. Iso redundará na boa imaxe que ofrezamos de Ribadeo e do seu tecido empresarial ao resto do mundo”.
... leer másBurela prepárase para vivir unha semana na que a música será protagonista coa celebración do XV Curso Interdisciplinar de Música, organizado pola Escola Municipal de Música de Burela. A actividade desenvolverase do 2 ao 7 de setembro en horario de mañá, de 10:30 a 12:00 horas, e está dirixida a nenos e nenas a partir dos 4 anos de idade.
“Durante o curso a cativada participará en actividades musicais variadas, nas que traballarán o ritmo, a voz e a práctica instrumental, adaptadas á súa idade. Terán a posibilidade de familiarizarse cos instrumentos de corda, vento e percusión, convertendo cada sesión nun espazo de aprendizaxe creativo e divertido”, segundo explicou o tenente da alcaldesa de Burela, Mario Pillado.
O broche final desta edición será o domingo 7 de setembro cunha actuación do alumnado no Cantiños da...
leer más












