Curso

Etiquetas:
16/03/2021

Apaga presenta nova oferta formativa e no mes de abril vai impartir un curso de interpretación de planos no sector naval. Poderán asistir quince persoas e o prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de marzo. Desde a organización sinalan que “unha vez superado o curso os asistentes poderán optar a postos de traballo que ofrecen as empresas navais tanto en Asturias como en Galicia”.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, declarou que “desde principio de ano estivemos traballando, dada a situación da pandemia e de determinados sectores, e consideramos que desde a nosa asociación tamén podíamos aportar algo e xerar algunha actividade de formación que puidera paliar en gran medida esta situación que se está dando. Pensouse en traballar en tres liñas de actuación. Unha sería o sector naval, outra a de comerciantes e pequenas empresas e...

leer más
Etiquetas:
10/03/2021

Apaga organiza este sábado, 13 de marzo, en Ribadeo un curso sobre sistemas avanzados de asistencia á condución. A inscrición está aberta e poden asistir técnicos de empresa, profesores e alumnado de FP, universitarios ou persoas interesadas nesta temática. Na xornada, en sesión de mañá e tarde, falarase da detección ou avisador de ángulo morto, do control de cruceiro adaptativo, da alerta sobre tráfico cruzado, do sistema LDW, do sistema de detección de peóns e do freo autónomo de emerxencia.

O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, contou que “seguindo co plan de formación que temos previsto para o 2021 este sábado, en sesión de mañá e tarde, imos realizar no noso centro de formación un curso de sistemas avanzados de asistencia á condución. Comprende desde a detección no visor de ángulo morto,...

leer más
Etiquetas:
26/02/2021

O Concello de Muras organiza un curso básico de informática para maiores de 55 anos empadroados no municipio.

Impartirase dous días á semana pola mañá e unha vez formados os grupos decidirase a hora e o lugar. É para grupos reducidos, de 2 persoas, cumprindo todas as medidas de seguridade.

Os participantes recibirán formación en trámites informáticos básicos, como a petición de citas previas ou funcionamento da sede electrónica do Concello.

Os interesados poden inscribirse a través do teléfono do Concello (982.50.00.01) ou do correo electrónico cristina.martinez@muras.gal.

 

Etiquetas:
18/02/2021

O Concello de Viveiro, a través da concellería de Educación e xunto co Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, organiza un curso de composición denominado “Harmonía aplicada á composición”, no marco do ciclo de cursos gratuítos. 

Esta formación será impartida por Ángel Soto Mosquera, profesor de composición do conservatorio viveirense, e diríxese a alumnos/as e profesores/as relacionados coa especialidade. 

Para a asistencia ao curso, esíxense uns coñecementos de harmonía mínimos de 4º de grao profesional.

As datas establecidas para celebrar a formación serán entre o 22 de febreiro ata o 5 de abril de 2021. A intención é alternar actividade presencial e telemática dependendo das necesidades e da situación sanitaria provocada polo COVID-19. 

O curso...

leer más
Etiquetas:
26/01/2021

Academia A Mariña, en Burela, organiza un curso para la obtención del carné oficial de aplicador de productos de fitosanitarios. Será presencial y tendrá lugar los días 5, 6, 12 y 13 de febrero. El examen está previsto para el día 15.

El título que obtendrán los asistentes será válido en todo el territorio nacional. El curso está avalado por la Consellería de Medio Rural de la Xunta de Galicia. 

El curso está destinado a “personas responsables de empresas que utilicen estos productos, establecimientos de venta al público y personas que realicen tratamientos en su propia explotación”, explica Becky Hermida, directora de Academia A Mariña. 

Las personas interesadas en obtener más información pueden dirigirse al teléfono de Academia A Mariña. 982 58 50 98. 

 

Etiquetas:
07/12/2020

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia organiza un curso de piloto de drons que dará comezo o día 14 de decembro. Terá unha duración de 60 horas, das que 50 serán impartidas online e 10 presenciais. As persoas que o realicen obterán o título recoñecido pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que é obrigatorio para pilotar drons de ata 25 quilos de peso. A inscrición remata este venres, día 11.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, declarou que “esta nova iniciativa formativa xurde coa idea de ir incorporando novas accións relacionadas co sector do automóbil, porque non cabe dúbida de que o sistema aeronáutico tamén pertence á nosa familia profesional. Entón cremos conveniente que ao ser un equipo que se pode utilizar para distintos sectores profesionais podería ser...

leer más
Etiquetas:
03/12/2020

O Concello de Cervo, en colaboración con Pasiños na Lúas, organiza a actividade titulada Dorso saudable e sen dor, que se desenvolverá o vindeiro luns, 7 de decembro, ás 18:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.

O obxectivo é aprender a coidar o noso dorso, está dirixido a todos os públicos e é gratuíto.

As persoas interesadas poden anotarse por whatsapp no 678 11 06 41.

O aforo será limitado.

 

Etiquetas:
25/11/2020

A Aula Cemit de Burela organiza un novo curso en liña gratuíto denominado Ofimática na nube: Google Drive.  

Os asistentes aprenderán a forma de crear e xestionar dunha maneira correcta todos os documentos que se necesitan para o uso da xestión ofimática na nube de Google. Deste xeito poderán converterse en profesionais do sector xa que adquirirán os coñecementos necesarios para manexar unha ferramenta tan demandada actualmente como é Google Drive. 

O curso desenvolverase do 27 de novembro ao 23 de decembro. 

As persoas interesadas en acudir poden anotarse chamando á Casa da Xuventude: 982 581 141. Este curso é impartido por Academia A Mariña.

 

Etiquetas:
20/11/2020

Dezaseis profesionais mariñáns do turismo asistiron do 16 ao 18 deste mes en Foz a un curso de formación sobre Comunicación dixital, márketing e novas tecnoloxías para a promoción de destinos e empresas turísticas na era Covid-19. O obxectivo é mellorar a visibilidade e o posicionamento da Mariña, dos concellos e das empresas turísticas que integran esta comarca. A segunda edición será en Xove a mediados de decembro. 

A axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade, Tania Hermida, explicou que “a raíz da crise provocada polo Covid-19, da forte necesidade de adaptarse ao mundo dixital e de ser un destino competitivo, a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, ao abeiro do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia e das accións propostas para a reactivación do sector, organizou este curso de formación, que tivo lugar os...

leer más
Etiquetas:
28/04/2020

La UNED-Aula Universitaria de Foz organiza una nueva actividad titulada Espacio de Diseño-Diseño de Idea (Desing Thinking).

El objetivo es crear ideas para configurar proyectos tanto personales como empresariales y la metodología de diseño de ideas para organizarse a la hora de crear una expectativa de futuro.

La actividad se desarrollará del 29 de abril al 4 de mayo en horario de 18:30 a 19:30 horas. Se abordarán la creación de una lluvia de ideas diferentes online, la priorización de las ideas, la elaboración del camino a los usuarios y el diseño de soluciones a las situaciones que se planteen.

Este curso es gratuito y se realiza íntegramente online (en directo o en diferido). Las personas interesadas pueden ponerse en contacto con el Aula Universitaria de Foz, en el número de teléfono...

leer más