Bordado
O Concello está programando actividades para realizar en todas as Antigas Escolas recuperadas como centros socioculturais das parroquias de Alfoz.
O obxectivo principal é dinamizar estes espazos como punto de encontro e reunión dos veciños e veciñas a través dun amplo abano de actividades: manualidades, formación en primeiros auxilios, seguridade, consumo responsable, medio ambiente,...Dirixidas á poboación adulta non só da parroquia na que se leve a cabo senón de todo o municipio, levaranse a cabo en sesións de 2 horas, en fins de semana para poder compaxinalas cos horarios laborais ou outras actividades que xa se están desenvolvendo coma as deportivas. Serán de balde e en grupos axeitados para garantir o seu éxito, podendo repetirse en caso de haber moita demanda.
O Programa de Dinamización das parroquias...
leer másO Concello de Foz iniciará este vindeiro luns, 17 de novembro, os seus cursos anuais de formación, que se desenvolverán na vila e nas parroquias do municipio durante os vindeiros cinco meses. Así o comunicou a concelleira de Servizos Sociais de Foz, Mercedes González, quen adiantou que o Concello ofertará un total de dezasete cursos en oito parroquias: San Acisclo, San Martiño, Vilaronte, Cordido, Cangas, Nois, Fazouro e a vila de Foz. As actividades versarán sobre ximnasia, pilates, zumba, ballet, cestería, bordado, costura, pintura ou internet e terán un custo de 10 euros por mes excepto nos casos dos cursos de cestería, zumba e pilates, nos que o prezo ascende a 15 euros por mensualidade. Os interesados poden anotarse xa na Casa da...
leer más