Ballet

Etiquetas:
30/11/2018

O vindeiro luns poñeranse á venda as entradas para o ballet clásico El Cascanueces, que se poderá ver na Casa da Cultura o 23 de decembro. Será a través de ataquilla.com aos prezos de 15 e 18 euros. Esta é a segunda vez que Burela acolle un espectáculo destas características, segundo subliñou esta mañá o concelleiro de Cultura, José Díaz. O Gran Ballet de Kiev (Ucrania) será o encargado de poñer en escena esta obra.

Díaz manifestou que “desde el Concello de Burela queremos presentar un evento que tendremos el día 23 de diciembre aquí, en el auditorio municipal, a las siete de la tarde, que va a ser el ballet clásico El Cascanueces de Tchaikovsky. Va a ser la segunda vez que tengamos un ballet de este nivel en Burela, el primero fue el año pasado en navidades y había funcionado muy bien en cuanto a público y calidad. Es a través de la misma...

leer más
Etiquetas:
05/12/2017

Dende hoxe están á venda as entradas numeradas en platea para o ballet El lago de los cisnes que se poderá ver en Burela o día 22 de decembro. O horario de venda é de 12:00 a 13:00 horas e de 19:00 a 20:00 horas na biblioteca. As entradas para os anfiteatros 1 e 2, que non son numeradas, poderán adquirirse a través de ataquilla.com. Ademais este sábado, 9 de decembro, estará en Burela Enrique San Francisco. Xa quedan poucas entradas para asistir a este monólogo. E o domingo, día 10, terá lugar unha nova edición do rastro popular solidario.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “hoy martes salen a la venta las entradas para el ballet que tenemos aquí el día 22, un espectáculo con mucha demanda, ya hace días que nos estaban preguntando por la salida a la venta de las entradas. Los horarios de venta van a ser de 12:00 a 13:00 por...

leer más
13/11/2014
O Concello de Foz oferta 17 cursos en 8 parroquias do municipio para os vindeiros cinco meses.

O Concello de Foz iniciará este vindeiro luns, 17 de novembro, os seus cursos anuais de formación, que se desenvolverán na vila e nas parroquias do municipio durante os vindeiros cinco meses. Así o comunicou a concelleira de Servizos Sociais de Foz, Mercedes González, quen adiantou que o Concello ofertará un total de dezasete cursos en oito parroquias: San Acisclo, San Martiño, Vilaronte, Cordido, Cangas, Nois, Fazouro e a vila de Foz. As actividades versarán sobre ximnasia, pilates, zumba, ballet, cestería, bordado, costura, pintura ou internet e terán un custo de 10 euros por mes excepto nos casos dos cursos de cestería, zumba e pilates, nos que o prezo ascende a 15 euros por mensualidade. Os interesados poden anotarse xa na Casa da...

leer más