Cartel
O cartel e o programa cultural ADRAL, da Semana Santa de Viveiro, foron presentados este sábado, 28 de febreiro, na Casa do Concello viveirense.
No acto a presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, puxo en valor esta festividade relixiosa, declarada de Interese Turístico Internacional e á que a institución provincial achega este ano 30.000 euros.
Carmela López destacou o impacto real que xera esta cita en toda A Mariña e que “é o exemplo de como a cooperación territorial multiplica resultados”. Enmarcou nesa repercusión nos aloxamentos, restauración, comercio ou transporte o compromiso da Deputación, subliñando que “defender a Semana Santa de Viveiro é defender patrimonio, identidade e tamén oportunidades para a comarca”.
Ademais puxo en valor durante a súa intervención o papel das...
leer másCon motivo da vixésima edición do Mercado de Primavera do Valadouro, que se celebrará o día 28 de marzo, o Concello convoca un certame para deseñar o cartel oficial do evento.
Poderá presentarse a este concurso o alumnado do IES Alfoz-Valadouro. O prazo para entregar os traballos remata o venres 27 de febreiro ás 20:30 horas.
La presentación del cartel de la Semana Santa de Viveiro 2026 será el sábado 28 de febrero a las 12:30 horas en el Salón Multiusos del Concello de Viveiro y en el mismo acto se hará la presentación del programa de difusión cultural y religioso ADRAL, que este año tiene como plato fuerte el concierto de Carlos Núñez el sábado 7 de marzo con doble sesión, anuncia la Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro, que además explica que para la actuación de Carlos Núñez “las entradas para la sesión de las 20:30 horas están agotadas desde hace días y las del concierto de las 18:30 van a un buen ritmo, quedando menos de la mitad del aforo disponible ya”.
La portavoz de la Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro, Mari Carmen López Gómez, también anuncia que este año encargaron el cartel a Mari Sanisidro, “gran colaboradora de la Xunta...
leer másA asociación cultural O Picato convoca a décima edición do concurso para elixir o cartel anunciador do Entroido de Trabada.
As bases do certame indican que “poderán participar tódalas persoas que así o desexen con traballos en tamaño din a4 (folio). A temática é libre, sempre e cando recolla o espírito do Entroido. A data límite de entrega é o venres 23 de xaneiro de 2026 ás 18.00 horas. Os traballos recolleranse na Librería Aenlle, de Trabada. Cada participante entregará un máximo de dúas obras, que serán anónimas: os datos persoais do/a autor/a deberán ir en sobre pechado xunto co debuxo”.
O premio para o gañador é de 50 euros e darase durante a entrega dos premios do desfile de Entroido.
O fallo do xurado, formado pola xunta directiva da asociación cultural O Picato, darase a coñecer o...
leer másA asociación organizadora da Semana Santa de Burela ten aberto ata o 31 de xaneiro o prazo de presentación de obras para o Concurso de Carteis da XXVIII Semana Santa de Burela.
Anuncian que é “unha oportunidade para formar parte da imaxe que anunciará a nosa Semana Santa”. O tema é Ide e anunciade, as obras teñen que ser en formato A4 vertical, con técnica libre e cada participante pode presentar un máximo de 3 traballos. O premio para o gañador é de 150 euros máis diploma.
A deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, participou este sábado na presentación do cartel e do Programa de difusión Cultural e Relixiosa (Ciclo Adral), organizado pola Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro como antesala á celebración desta festividade. Durante o acto, López Moreno subliñou que este ano a Deputación reforza “o seu compromiso aumentando a achega económica para a Semana Santa de Viveiro de 25.000€ e 30.000€ euros, unha aposta clara polo seu crecemento e consolidación”.
"É unha honra para a Deputación formar parte, unha vez máis, da celebración da Semana Santa de Viveiro, unha festividade que transcende as fronteiras locais para converterse nun referente cultural e espiritual recoñecido internacionalmente”, declarou a Deputada durante a súa intervención na Sala Multiusos...
leer másA asociación cultural O Picato convoca a novena edición do Concurso do Cartel Anunciador do Entroido de Trabada. O prazo para presentar traballos a este certame remata o día 31 de xaneiro.
As bases de participación son as seguintes: poderán participar tódalas persoas que así o desexen; os traballos deben ser en tamaño DIN A4 (folio); a temática é libre, sempre e cando recolla o espírito do Entroido; a data límite de entrega é o venres 31 de xaneiro de 2025 ás 19:00 horas; os traballos recolleranse no Spar Express Trabada; cada participante pode entregar un máximo de dúas obras; os traballos serán anónimos e os datos persoais do/a autor/a deberán ir en sobre pechado xunto co debuxo; os datos a incluír son nome, apelidos e teléfono de contacto; o premios é de 50 euros, que se entregará xunto cos premios do desfile; o fallo do xurado, formado...
leer másA concelleira de Turismo, Marta Saiz, contou que “presentamos hoxe a imaxe da nova edición do Ribadeo Indiano, evento no que levamos traballando dende hai varios meses coa ilusión de seguir a mellorar e espallar polo mundo adiante o que se ten convertido nunha das referencias fundamentais do verán”.
A edil ribadense dixo que “unha nova edición, este ano dedicada á alma de dous mundos. Con esta temática tentaremos plasmar a realidade que se vivía aos dúas marxes do Atlántico, e dar a coñecer e á vez valorar o legado que a emigración deixou na nosa sociedade: un importante patrimonio arquitectónico, tanto en arquitectura doméstica como pública (escolas, casinos, cinemas, cemiterios, fontes, igrexas etc), e unha influencia nas sociedades da época, na industrialización, o comercio, a moda, os costumes, a gastronomía…”.
... leer másO Concello de Viveiro acolleu hoxe o acto de presentación do cartel da Semana Santa 2024.
O cartel deste ano é unha imaxe da procesión da Misericordia antes de chegar á Porta de Carlos V para adentrarse no casco histórico de Viveiro na madrugada do xoves ao venres Santo.
A fotografía é de Dani Caxete, un artista multidisciplinar de Celeiro. “É imposible ser de Viveiro e non emocionarse ao ver o cartel deste ano. Moitas grazas, Dani. Con esta elección, a Xunta de Cofradías volve apostar ademais por un artista local, algo que me fai sentir especialmente orgullosa”, asegurou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, no acto, ao que tamén asistiron o resto da corporación municipal e Carmela López, deputada provincial e alcaldesa de Burela.
“Un ano máis, é emocionante pensar que xa queda tan...
leer másA asociación cultural O Picato convocou a oitava edición do concurso para elixir o cartel anunciador do Entroido de Trabada.
Os traballos recóllense no supermercado Spar de Trabada e o prazo para presentalos remata o 26 de xaneiro ás 20:00 horas.
Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras, que serán anónimas e os datos persoais do autor ou autora deberán ir en sobre pechado xunto co debuxo.
O premio para o gañador é de 50 euros, que se lle darán o 24 de febreiro durante a entrega de premios do desfile de Entroido.
Todos os traballos que se presenten expoñeranse na Casa da Cultura de Trabada.












