Indiano
A lenda da música cubana Eliades Ochoa será a estrela musical do Ribadeo Indiano 2023. O concerto será o 9 de xullo ás 20:30 horas no barrio indiano de San Roque. O concerto foi presentado polos concelleiros de Desenvolvemento Local e Cultura, Pablo Vizoso e Pilar Otero, e pola presidenta e o xerente de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.
Pablo Vizoso contou que “nesta oitava edición, a organización considerou necesario contar coa presenza dunha artista de talla internacional e que siga posicionando o Ribadeo Indiano como un referente turístico e cultural de primeira orde en todo o país. E deste xeito Concello de Ribadeo e Acisa decidimos convidar a Eliades Ochoa. É considerado un dos soneros cubanos máis importantes de todos os tempos, é un notable defensor da música tradicional cubana e o mellor guitarrista da súa xeración...
leer másHoxe foi presentado o cartel do VIII Ribadeo Indiano, que organizan o Concello e Acisa e que terá lugar do 7 ao 9 xullo.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, contou que “presentamos hoxe a imaxe da nova edición do Ribadeo Indiano, na que levamos traballando dende hai tempo coa intención de seguir espallando polo mundo adiante esta fabulosa cita, que se ten convertido nunha das referencias fundamentais do verán en Galicia e no resto do estado. Xa vamos pola oitava edición, que se desenvolverá do 7 ao 9 de xullo, e como é habitual as antevésperas e as vésperas arrincarán antes con propostas moi interesantes”.
A edil de Cultura, Pilar Otero, explicou que “a oitava edición do Ribadeo Indiano virá cargada de novidades. Esta festa histórica, que rende homenaxe ás nosas familias emigrantes, supérase ano a ano tanto...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense colabora na mellora da sinalización turística do legado indiano en Ourol a través de placas con códigos QR e un folleto para ampliar información sobre 17 edificacións. A información estará dispoñible na web de Turismo da Mancomunidade e a publicación na Casa do Concello ourolesa e tamén nas oficinas de turismo da comarca. A iniciativa, que se enmarca no Plan de Sostibilidade Turística, ten por obxectivo revalorizar o patrimonio e a historial local.
No día de hoxe o presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, Francisco Cajoto, acompañado do alcalde do Concello de Ourol, José Luis Pajón, de Pilar García Porto, en representación da Deputación de Lugo, Paloma Vázquez por parte da Xunta de Galicia e Isabel Rodríguez, subdelegada do Goberno en Lugo, visitaron o concello ourolense...
leer másA mexicana Lila Downs ofrecerá un concerto na vila o vindeiro 10 de xullo. Enmárcase dentro da programación do Ribadeo Indiano 2022. Lila Downs é unha das voces máis poderosas e singulares que existen no panorama musical mundial hoxe en día, gañou un Grammy en 2013 e conta con 6 Grammys Latinos. Ten compartido escenario e gravado discos con Chavela Vargas, Carlos Santana, The Chieftains ou Natalia Lafourcade, entre outros. O concerto foi presentado polo Concello e por Acisa.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “nesta VII edición, que ten como protagonista á muller na emigración, a organización do evento considera necesario contar coa presenza dunha artista internacional, que siga posicionando o Ribadeo Indiano como un referente turístico-cultural de primeira orde en todo o país. Así, Concello de Ribadeo e Acisa decidiron...
leer másHoxe foi presentado o cartel do VII Ribadeo Indiano, que organizan o Concello e Acisa e que terá lugar do 8 ao 10 de xullo.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, contou que “presentamos hoxe a imaxe da nova edición do Ribadeo Indiano, na que levamos traballando dende hai varios meses coa ilusión dos primeiros momentos, para seguir espallando polo mundo adiante o que se ten convertido nunha das referencias fundamentais do verán”.
A edil de Cultura, Pilar Otero, explicou que “esta VII edición, dedicada á muller, que terá os seus días fortes durante a fin de semana do 8 ao 10 de xullo, vén cargada de propostas diferentes para facer que o Ribadeo Indiano reluza con máis esplendor. Xa dende o fin de semana anterior, nas tradicionais antevésperas e vésperas, comezaremos a gozar do ambiente indiano”.
... leer másNeste 2021 non haberá Ribadeo Indiano. Así o acaban de anunciar os seus organizadores: Concello e Acisa, que veñen de facer público un comunicado conxunto.
No mesmo explican que “estas dúas entidades levamos varios anos organizando un evento lúdico-histórico-cultural de notable éxito. Estamos moi orgullosos do moito que se foi conseguindo en tan só seis edicións do Ribadeo Indiano, atraendo a milleiros de persoas de diferentes latitudes a Ribadeo durante a segunda fin de semana de xullo”.
Concello e Acisa sinalan que “xa se sabe que o ano pasado, como tantas outras actividades, tivo que ser cancelado por mor da pandemia. Neste ano 2021, as persoas integrantes da organización deste evento vimos colaborando desde hai moitas semanas para observar como vai avanzando a situación pandémica, como evolucionan as...
leer másCancelado o Ribadeo Indiano 2020, que se ía celebrar do 10 ao 12 de xullo. Así o decidiron esta tarde o Concello e Acisa. Os organizadores antepoñen a responsabilidade por riba de todo para lograr a máxima protección posible contra o Covid-19 e póñense a traballar na edición de 2021.
O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “quixemos agardar ata o último momento, tanto a Asociación de Comerciantes como o Concello de Ribadeo, pero finalmente decidimos ir na liña do que outros Concellos da comarca, de Galiza e do resto do Estado están facendo nos últimos tempos no sentido de que debemos antepoñer a responsabilidade por riba de todo para lograr a máxima protección posible contra o coronavirus. Polo tanto se temos en conta a nova normalidade no que ten que ver co distanciamento físico que debemos ter entre a cidadanía e tamén o necesario...
leer másUnha delegación formada por representantes do Concello de Ribadeo e da Asociación de Comerciantes, Industrias, Servizos e Autónomos presentarán o legado indiano ribadense a axencias de viaxes e turoperadores durante a feira internacional de turismo Fitur, que se celebrará en Madrid a vindeira semana.
“Ribadeo estará presente nunha nova edición da Feira Internacional de Turismo (Fitur). Sabedores de que o concello de Ribadeo segue a medrar como destino dentro de Galicia, unha delegación formada por membros do Concello e ACISA desprazaranse a Madrid para seguir posicionando esta contorna como un dos destinos turísticos máis importantes do litoral galego e mesmo español, onde milleiros de persoas conflúen actualmente para gozar dunha paisaxe excepcional conformada por un conxunto de elementos patrimoniais de carácter natural e cultural”,...
leer másO quinto número de A Gaceta Ribadense, o xornal que se edita con motivo do Ribadeo Indiano, xa está na rúa desde hoxe, mércores.
A sexta edición do Ribadeo Indiano, que se celebra esta fin de semana, desde o venres 12 ata o domingo 14, está dedicada a Cuba. Este país, ao que emigraron naquela época moitas persoas desta zona, tamén ten un gran protagonismo na publicación, que neste quinto número aumentou o número de colaboradores e conta con 32 páxinas e unha tirada de 4.000 exemplares.
Nesta gaceta inclúese o programa de actos do Ribadeo Indiano e poderán ler artigos de novas firmas (Celia Castro, Carlos Arévalo, Álvaro Doural e Juan Fernández Andina) así como doutras que xa participaron en números anteriores: Antonio Fernández, Carlos Álvarez Lebredo, Pablo Rodríguez (Vivín), María José Fernández Azpeitia, Carmen...
leer másO programa do VI Ribadeo Indiano preséntase cunha variedade de eventos que deron comezo coas antevésperas e as vésperas. Este sábado, 6 de xullo, iniciase un ciclo de cine cubano que se desenvolverá ata o vindeiro martes, día 9.
Este ciclo cinematográfico será presentado este sábado polo Cónsul da República de Cuba en Galicia, Ángel Torres Jaime, e as proxeccións serán no Teatro de Ribadeo, ás 23:00 horas o sábado e domingo, e ás 21:00 horas o luns e martes. Habanastation, Clandestinos, Un hombre de éxito e Fresa y chocolate son os filmes que se proxectarán.
O venres, 12 de xullo, ás 19:00 horas no Teatro celebrarase a presentación do VI Ribadeo Indiano que correrá a cargo do alcalde, Fernando Suárez; o Cónsul da República de Cuba en Galicia, Ángel Torres; o Cronista Oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez; e o...
leer más