Mulleres

Etiquetas:
23/08/2026

Ourol acolle o día 25 de agosto, martes, un obradoiro sobre empoderamento, igualdade e prevención da violencia de xénero dirixido a mulleres. Será de 11:00 a 12:30 horas no Edificio Multiusos.

O Concello de Ourol anuncia que “continúa avanzando no seu compromiso coa promoción da igualdade real entre mulleres e homes a través das actuacións previstas no III Plan de Igualdade do Concello de Ourol 2025-2028, que establece como unha das súas liñas estratéxicas a prevención e actuación fronte á violencia de xénero. Este compromiso materialízase mediante accións de sensibilización, formación e empoderamento dirixidas á cidadanía, coa finalidade de fomentar relacións igualitarias, detectar situacións de desigualdade e reforzar os factores de protección fronte á violencia machista. Neste marco desenvólvese o obradoiro Con Voz Propia, organizado en...

leer más
Etiquetas:
20/08/2026

A Área de Igualdade do Concello de Ribadeo, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), en colaboración coa Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, organiza un curso de defensa persoal feminina.

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explica que “este curso de defensa persoal feminina terá lugar o 12 de setembro no Centro Sociocomunitario de Ribadeo. Faranse dúas quendas para facilitar que todas as persoas interesadas poidan acudir. A quenda de mañá será de 10:00 a 14:00 horas e a de tarde de 16:00 a 20:00 horas. O prazo de inscrición para anotarse está aberto desde hoxe, día 20 de agosto, ata o 4 de setembro, ambos incluídos”.  

E engadiu: “o Concello de Ribadeo continúa implicándose na prevención, información e formación contra a violencia de xénero. Queremos un Ribadeo seguro,...

leer más
12/08/2026

O Concello de Lourenzá anuncia a creación no municipio dunha asociación de mulleres rurais: “compartimos con moita ilusión a presentación da Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá, unha nova iniciativa que nace coa vontade de crear un espazo de encontro, participación e comunidade para as mulleres da nosa vila”.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, explica que “a asociación propón un amplo programa de actividades para compartir experiencias, aprender, desfrutar do tempo libre e fortalecer os lazos entre veciñas, con propostas como: arranxos florais, memoria e benestar, cociña e repostería, merendas e encontros, bingo e xogos, charlas de interese, excursións e saídas, rutas e cultura, e moitas máis ideas que irán xurdindo entre todas”. E destaca que é “unha magnífica nova para Lourenzá, que contribúe a seguir fortalecendo o noso...

leer más
Etiquetas:
05/07/2026

O centro sociocultural de Barreiros acolle a exposición titulada Miradas. Mulleres na arte, un proxecto de Elsa Martínez Vázquez que “pon en valor o traballo e o talento das mulleres artistas que quedaron invisibilizadas ao longo da historia”, explica o Concello de Barreiros.

A mostra recolle 43 retratos de mulleres de diferentes disciplinas artísticas (pintoras, escultoras, escritoras e actrices) do século XVI ao XX, empregando técnicas como o acrílico, a acuarela, o collage, o lapis e a plastilina como innovación no xénero do retrato. Cada obra conta cunha ficha técnica con código QR para acceder a máis información sobre cada artista.

A exposición poderá visitarse ata o 30 de xullo os luns de 11:30 a 14:00 horas e os xoves e venres de 10:00 a 14:00 horas.

 

Etiquetas:
28/05/2026

O Ribadeo Indiano 2026 renderá homenaxe ás mulleres emigrantes coa iniciativa titulada Elas tamén marchaban. Será cunha ampla programación que inclúe charlas e unha exposición fotográfica, entre outras actividades.

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, explicou que “o Ribadeo Indiano 2026 quere visibilizar á muller ribadense que emigrou, porque elas tamén marcharon”.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, pide a colaboración das veciñas e dos veciños de Ribadeo para poder construír esta mostra fotográfica: “animamos á xente a que se pase pola biblioteca municipal, preferentemente pola mañá, a levar fotos das mulleres da súa familia que emigraron e que nos conten un pouco a súa historia para poder montar a exposición. As fotos xa as escaneamos no momento. Todo este proceso temos que telo listo antes do...

leer más
Etiquetas:
16/02/2026

O vindeiro 8 de marzo terá lugar a V Xuntanza de Mulleres organizada polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol, que anuncia: “con este evento queremos crear un espazo que sirva de punto de encontro para brindar polos logros acadados e, sobre todo, para seguir reclamando xuntas os dereitos que aínda nos quedan por conquistar ata acadar unha igualdade real. Vémonos para compartir mesa, conversa e baile nun día cheo de sororidade”.

Será no restaurante Louzao (Viveiro) ás 14:00 horas. O custe é de 35 euros e as entradas poden recollerse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ata o 4 de marzo.

Etiquetas:
11/09/2025

A Área de Igualdade e o CIM organizan un taller de risoterapia, que terá lugar do 25 de setembro ao 2 de outubro. Denomínase Escarállate de risa. 

A concelleira Begoña Sanjurjo explica que “terá lugar na Casa de El Viejo Pancho en horario de 11:30 a 13:00 horas. Queremos que as asistentes rían, conecten e gocen dun espazo único de diversión e benestar”

A edil de Igualdade sinala que “a inscrición, que se abre mañá, día 12, é gratuíta e as prazas son limitadas. Para anotarte podes facelo chamando por teléfono ao 982 120 739 ou presencialmente no auditorio municipal Hernán Naval de 10 a 13 horas”. O prazo péchase o 19 de setembro. 

O taller de risoterapia será impartido por Ana Fernández Bango.

Sanjurjo anima ás mulleres de Ribadeo a participar: “non perdas a...

leer más
10/06/2025

Mondoñedo acollerá este domingo, día 15 de xuño, un curso intensivo de defensa persoal para rapazas e mulleres maiores de 16 anos con autorización. Será de 10 a 14 e de 16 a 19 horas na Ludoteca Municipal.

Podes inscribirte acudindo ás oficinas do CIM e de Servizos Sociais de Mondoñedo (teléfono 982.52.40.03) ou no enlace...

leer más
Etiquetas:
01/05/2025

O vindeiro 10 de maio o Concello de Burela acollerá un Taller de Defensa Persoal dirixido a mulleres a partir de 16 anos, que se celebrará na Aula de Familia da Casa da Cultura. A actividade desenvolverase en dous grupos, un en horario de 10:00 a 14:00 h e outro de 16:00 a 20:00 h.

O taller está baseado no Método MAS, unha metodoloxía específica de defensa persoal feminina que combina o adestramento físico e mental para facer fronte a situacións de risco. Ademais de proporcionar técnicas de defensa, pretende axudar ás participantes a recoñecer sinais de perigo, actuar con prevención e evitar situacións violentas.

Esta formación céntrase en cinco puntos clave que permiten ás mulleres controlar corpo e mente, evitando que o medo paralice e dificultando así a reacción ante unha ameaza.
A actividade está...

leer más
24/04/2025

O Concello de Ourol, no marco do Acordo de colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade coa Federación Galega de Municipios e Provincias, organiza un curso de defensa persoal feminina, dirixido a mulleres e mozas. Levarase a cabo este sábado, día 26 de abril, ás 10:00 horas no Centro Social de Merille.

O Concello de Ourol explica que “a este curso poden asistir todas as mulleres maiores de 18 anos independentemente da súa condición física. Trataranse contidos tanto teóricos como prácticos que axuden non só a defenderse senón a identificar sinais de perigo e actuar de xeito preventivo para lograr anticiparse e evitar unha situación de risco. O curso impartirase por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita. Para anotarte podes chamar ó Departamento de Servizos Sociais (...

leer más