Malasombra
A compañía teatral Malasombra Producións representará en Viveiro a obra titulada O proceso. Será este sábado, día 28 de febreiro, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.
É unha comedia para público adulto (maiores de 14 anos) escrita e dirixida por Candido Pazó. O elenco artístico está formado por Jouse García, Marcos Orsi, Paula Pier e Xoque Carbajal.
A sinopse é a seguinte: “1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado. A partir destes feitos históricos Cándido Pazó constrúe unha peza teatral que, en ton de sainete cómico protagonizado por unha galería de personaxes populares do Ourense...
leer másMalasombra Produccións representará en Ribadeo a obra teatral para público adulto titulada De algo hai que morrer. Será este domingo, día 8 de febreiro, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval.
É unha obra de José Prieto, dirixida por Marcos Orsi e interpretada polos actores Xoque Carbajal e Jouse García.
O Concello de Ribadeo anuncia que “hai historias que fan rir, hai historias que incomodan e logo está De algo hai que morrer. Se che gusta o humor negro, os personaxes ao límite e as verdades ditas con sorriso … esta é a túa”.




