Auditorio
03/06/2015
O alumnado de danza da EMMeD de Ribadeo presenta “Alicia no país das maravillas”. Será este venres, 5 de xuño, ás 20 horas no auditorio municipal.
Trátase dunha actuación a favor da loita contra o cancro. Está organizada pola Asociación Española Contra el Cáncer e conta coa colaboración do Concello de Ribadeo.
O prezo das entradas será de 4 euros.
01/04/2015
O auditorio municipal Hernán Naval acollerá a representación de Pequenos actospPseudorrevolucionarios, que non serven para cambiar o mundo, pero fan que quedemos máis tranquilos.
Esta proposta nos premios María Casares 2013 obtivo o de mellor actriz protagonista Marián Bañobre e mellor texto orixinal para Santiago Cortegoso. Unha comedia aceda e absurda sobre as nosas “revolucións particulares”.
Desde este Movemento Escénico sinalan que “é evidente que nos enganan e nos manipulan. Só interesamos como consumidores ou como votantes, que é o mesmo. ¿Como podemos cambiar esta situación? Pasando á acción. Tomando a revancha pola nosa conta. Non seremos quen de darlle a volta ao sistema, pero podemos darnos pequenos caprichos. Como?...
leer más 24/02/2015
Teatro do Morcego volve cunha nova versión de “Misterio cómico” ou orixinalmente misterio bufo, co que vén de recibir o premio Fetega (Festival de Teatro Galego do Carballiño) 2014 ao mellor actor. Tendo acadado tamén dous premios Compostela no ano 92 ao mellor actor para Celso Parada e mellor director para o portugués Júlio Cardoso, e volve con motivo de celebra-lo XXV aniversario da fundación da compañía, creada en 1988 como Morcego Escola de Teatro e no 1989 como cia profesional.
Escrito na súa primeira versión en 1969, continuamente representado e modificado en función da resposta do público, “Misterio bufo” está considerado xunto con “Morte accidental dun anarquista” a obra máis importante de DarÍo Fo. Deste xeito, “Misterio bufo” a carón de “Morte accidental dun...
leer más