Bonito

Etiquetas:
03/08/2023

A Sociedade Cultural Ledicia, ultima a celebración da XXXVII Feira do Bonito para a vindeira fin de semana, 5  e 6 de agosto.

O programa da Feira dábase a coñecer a pasada semana case na sua totalidade, reservando unha novidade para esta recta final da espera que agardamos sorprenda a amig@s e visitantes: o vindeiro domingo dia 6, ademáis da xa consolidada degustación de marmitako, as persoas que se acheguen á festa poderan degustar unha tosta golosa, consistente nunha base de pan de bola do pais, ventresca de bonito asada e pemento de piquillo de elaboración artesana.

Un exquisito bocado do que se prepararán 350 racións ao prezo de 5 euros.
Desexando que as persoas que se acheguen a Burela esta semana disfruten con nós de todo o organizado, agradecer unha vez máis a colaboración do voluntariado, das...

leer más
Etiquetas:
26/07/2023

O salón de plenos acolleu este mediodía a presentación da Feira do Bonito e de Produart, que terán lugar a primeira fin de semana de agosto. No acto participaron a alcaldesa, Carmela López, a presidenta da Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, Rocío Rivera, o xerente da Fundación Expomar, José Manuel González Brais, e o director Xeral de Pesca, Antonio Basanta. 

A continuación tivo lugar un showcooking, organizado pola Deputación Provincial de Lugo, na Praza do Concello, que contou coa participación dos cociñeiros Juan Rubinos, Carlos González e Pablo Vila, que elaboraron marmitako 2.0, tartar de bonito con millo tostado e pesto e bonito marinado, crema de tomate e cereixas encurtidas. 

Na súa intervención a alcaldesa, Carmela López, sinalou que “xa son 37 anos celebrando unha forma de pescar tradicional e...

leer más
Etiquetas:
01/07/2023

A Sociedade Cultural Ledicia comunica que o traballo gañador do concurso de carteis  da XXXVII Feira do Bonito é o presentado por Shiva Eliska Alinda Nurhakim; e será a imaxe dos carteis e programas de man deste 2023. 

Desde Ledicia felicitan á autora: “parabéns á autora e moitas grazas a tod@s @s participantes. Comeza unha conta atrás de pouco máis de un mes ...”.

Etiquetas:
27/01/2023

Burela presentará a Feira do Bonito na vila gaditana de Tarifa. Será o 1 de abril, segundo deu a coñecer hoxe o alcalde, Alfredo Llano.  

O rexedor lembrou que “este ano fixemos a presentación en Fitur da Feira do Bonito, que é de interese turístico nacional, o que ten moita importancia para nosoutros e para iso se traballou durante moito tempo desde Ledicia, desde o Concello e todo o mundo, penso eu, do concello de Burela, porque a veciñanza sempre bota unha man para isto que nos representa e é unha referencia para todos nós”.

Llano explicou que “entón vimos facendo presentacións da Feira do Bonito en sitios singulares: xa fomos a Madrid, a Salamanca e o ano pasado a Montmeló. E en 2022 veu aquí o alcalde de Tarifa, que ten moito interese porque alí pescan o atún vermello, aquí capturamos o bonito do Norte e...

leer más
Etiquetas:
03/08/2022

Tralo éxito da súa última edición en agosto de 2019, esta fin de semana volve celebrarse en Burela a vixésima edición de PRODUART, a Feira dos produtos artesanais e ecolóxicos que organiza anualmente a Fundación Expomar.

A conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, xunto co presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano, inaugurará este venres ás 17:30h na nave de redes do porto de Burela a primeira edición despois do parón obrigado pola pandemia.

Produart persiste como plataforma de exposición comercial-feiral para poñer en contacto a produtores, comerciantes e consumidores que apoien o desenvolvemento dos recursos dende a óptica da sustentabilidade e da conservación do medio. O evento pretende reflexar os valores da sustentabilidade dos nosos recursos pesqueiros, tradición...

leer más
Etiquetas:
26/07/2022

A segunda edición do Tapeo Bonito comezará na hostalería de Burela a partir deste xoves 28 de xullo e ata o domingo 7 de agosto, día no que finaliza a XXXVI Feira do Bonito que se retoma despois de dous anos de parón por mor da pandemia da Covid-19.

Neste programa organizado pola Asociación Ledicia xunto co Concello, e no que colabora ABSA, participarán un total de nove establecementos da localidade con pratos e tapas que enxalzarán esta xoia gastronómica ao longo de dúas semanas, coincidindo coa estrea neste 2022 do nomeamento da Feira do Bonito como de Interese Turístico Nacional. Veciños e visitantes poderán gozar da frescura e cualidades deste túnido, así como das dotes culinarias da hostalería burelesa, que presentarán aos seus clientes o produto con receitas tradicionais e de vangarda que potencian o seu sabor. 

... leer más
Etiquetas:
22/07/2022

Comeza a contra atrás para a trixésimo sexta edición da Feira do Bonito de Burela, que se celebrará a primeira fin de semana de agosto. Organizadores e Concello veñen de realizar a presentación oficial na Casa Consistorial coa colaboración da Deputación de Lugo, que promoveu unha sesión de showcooking e unha degustación posterior deste produto emblema.

Burela estreará este 2022 o recente nomeamento da Feira do Bonito como de Interese Turístico Nacional despois de anos de arduo traballo para acadar esta distinción e dous anos de pandemia que impediron celebrar esta feira tan sinalada na localidade.

No acto de presentación estiveron o alcalde de Burela, Alfredo Llano, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, a subdelegada de Goberno en Lugo, Isabel...

leer más
Etiquetas:
14/07/2022

Burela estreará este ano 2022 o recente nomeamento da Feira do Bonito como de Interese Turístico Nacional. Nunha aposta decidida por continuar coa súa promoción, organizadores e Concello realizarán a presentación desta cita gastronómica e cultural nas instalacións do coñecido circuíto de Montmeló.

Ata esta localidade catalá desprazarase unha delegación encabezada polo alcalde de Burela, Alfredo Llano, acompañado dun grupo de veteranos do mar e a cronista oficial do concello, Herminia Pernas, co obxectivo de presentar a Feira do Bonito que terá lugar o primeiro fin de semana de agosto, así como dar a coñecer neste lugar todos os atractivos turísticos cos que conta Burela.

Segundo afirmou o alcalde, “existe unha vinculación entre os dous municipios pola industria da cerámica que foi moi representativa aquí en Burela...

leer más
Etiquetas:
05/08/2021

Este mediodía da comezo no porto de Burela a quinta edición do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte que se prolongará ata o vindeiro domingo, 8 de agosto, e no que participarán finalmente oito artistas que plasmarán nese lugar as súas creacións. Como actividades paralelas terán lugar un concurso de selfies e un obradoiro de graffitis para nenas e nenos a partir de 9 anos. Amarte coincide todos os anos coa Feira do Bonito, que de novo neste 2021 non se celebrará no seu formato habitual, pero desde hoxe vinte locais hostaleiros ofrecerán tapas, menús e racións elaborados con bonito de Burela. Ao longo destes días haberá ademais concertos de Luar na Lubre, Tribu Folk e Eladio y los Seres Queridos e tamén ofrecerá actuacións o Mago Antón.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “en Burela vamos a hacer desde hoy y hasta el...

leer más
Etiquetas:
01/08/2021

Para asistir aos concertos que terán lugar na praza do Concello, en Burela, os vindeiros días 6 e 7 de agosto ás 23 horas e o día 8 ás 13 horas será necesario inscribirse na Casa da Xuventude chamando ao 982 58 11 41. O aforo para cada concerto será de 400 persoas sentadas, segundo informou o concelleiro de Cultura, José Díaz. A inscrición poderá realizarse desde mañá, día 2. 

O edil dixo: "pedimos que por favor la gente se preinscriba para facilitar el acceso y que no haya cola. Si alguien no pudiera o se olvidara de apuntarse, se apuntaría ese día y no habría mayor problema". 

Trátase das actuacións de Luar na Lubre, Tribu Folk e Eladio y Los Seres Queridos. Os concertos enmárcanse na homenaxe que Burela lle renderá á Feira do Bonito, do 5 ao 8 de agosto, coincidindo coa celebración de Certame Internacional de...

leer más