Produart
O Concello de Burela acolleu, este mediodía, a presentación da XXXV Feira do Bonito, que se celebrará os días 3 e 4 de agosto. En total vanse servir 3.500 quilos de túnido preparado á grella, cocido, en empanada, en salpicón e en marmitako. O alcalde burelés, Alfredo Llano, subliña que esta será unha edición moi especial xa que é a primeira que se celebra despois de que a feira fose declarada festa de interese turístico nacional. O pregón será pronunciado pola actriz Estíbaliz Veiga, o sábado ao mediodía, e pola noite actuará Budiño. Ademais do 2 ao 4 de agosto celebrarase, tamén no porto de Burela, a décimo novena edición de Produart, a feira de produtos artesáns e ecolóxicos, que contará con 60 stands.
O rexedor burelés dixo que “é unha edición que consideramos importante para o noso concello dado que é a número 35 e está considerada...
leer másO Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, o Alcalde de Burela, Alfredo Llano García, e a Presidenta da Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, Rocío Rivera, presentaron este venres nos xardíns da institución a XXXIII Feira do Bonito de Burela, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto. O organismo provincial colabora con esta cita, recoñecida como Festa Galega de Interese Turístico, cunha achega de 8.000 euros dentro da súa aposta polo impulso do sector pesqueiro e dos produtos do mar para xerar riqueza na provincia luguesa.
Campos Conde destacou que “esta cita é unha oportunidade económica única para a provincia, pois impulsa un sector punteiro como a pesca, que é capaz de dar emprego a miles de familias lucenses e xerar un volume de negocio de máis de 125 millóns de euros; ao tempo que promociona os produtos do mar e así...
leer másA Fundación Expomar, que preside Alfredo Llano, organiza os días 4, 5 e 6 de agosto en Burela, a XVI edición de Produart, feira dos produtos artesanais e ecolóxicos.
A feira abrirá as súas portas o venres 4 de agosto, ás 17:30 horas, con carácter totalmente gratuíto para @s visitantes. Como sempre coincide coa celebración da Festa degustación do Bonito do Norte, organizada pola AC Ledicia, que terá lugar o sábado 5 de agosto, na explanada portuaria.
Produart 17 informa a todas as empresas de produtos artesanais e ecolóxicos que estes días está coa campaña comercial de participación e captación de expositores/as. Calquera empresa relacionada cos sectores artesanais e ecolóxicos pode poñerse en contacto coa Fundación a través dos números de teléfono 982 586 232 e 610 574 188, ou no mail...
leer más