Feira
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz, participou esta mañá na presentación da XIV edición da Feira do Ferro que se celebrará en Riotorto o próximo 16 de abril, despois de tres anos. O evento está organizado polo Concello e pola Asociación de Ferreiros de Riotorto e conta co apoio da Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, cunha achega económica de 10.000 euros.
Durante a presentación, o delegado destacou a relevancia deste evento como punto de encontro para os profesionais dos oficios do ferro, como espazo para que as novas xeracións atopen referentes do oficio, como visibilizador desta artesanía de cara á sociedade e aos consumidores, ademais de como dinamizador económico e cultural da comarca. Destacou tamén o compromiso da Xunta coa Feira do Ferro de Riotorto, coa que colabora dende a súa creación no...
leer másA XVII edición do Mercado de Primavera do Valadouro celebrarase este venres 24 e sábado 25 de marzo.
O venres 24 a partir das 21:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura terá lugar o pregón inaugural a cargo da xornalista Susana López Montes e deseguido haberá unha demostración de música e baile en zocas coa Asociación Cultural Amado Lar, do Valadouro, e concerto de Caamaño&Ameixeiras .
O sábado 25 de marzo desde as 10:00 horas ata as 19:00 horas estarán abertos ao público os postos de venda do mercado situados na rúa Andrés López Palmeiro. Desde as 11:00horas os artesáns situados na praza de Santa María ensinarán os seus oficios enxebres: barro, cestos, zocas, fiadeira, ferro... E a esa mesma hora a batukada da Comparsa Os Fandangueiros realizará un pasacalles polas rúas de Ferreira. A partir das 12:00...
leer másO Consello Galego de Pesca reunirase en Burela o 11 de maio. Será dentro da programación da XIX Feira Náutico Pesqueira Expomar na que a organización segue a traballar, segundo informou hoxe o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor contou que “nas últimas horas reunímonos o comité executivo de Expomar, xa que nos estamos achegando á data da feira exposición, que será do 10 ao 13 de maio e temos que darlle prontitude e ir vendo e asegurando que sexa un evento de categoría tal e como se merece o sector náutico pesqueiro”.
Llano dixo que “estivemos a falar da inauguración, que será o 10 de maio ás doce do mediodía. Agardamos contar coa presenza da conselleira de Mar, Rosa Quintana, aínda que nos próximos días confirmaremos o peche de todos estes flocos. Tamén teremos ese mesmo día xuntanza do Consello Galego de Pesca,...
leer másGandeirías de Barreiros, Muras, Lourenzá, Valadouro e do Occidente asturiano participarán na Feira de San Rosendo, que se celebra esta fin de semana en San Miguel de Reinante, en Barreiros.
A área de Medio Rural da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros colaboran coa comisión organizadora desta feira tradicional que terá o seu día grande o domingo, co mercado gandeiro e vinte postos de artesanía e produtos agrogandeiros na Praza de San Miguel.
A apertura do mercado iniciará unha xornada na que, ademais da entrega de 2000 euros en premios aos mellores exemplares e lotes, acollerá outras actividades paralelas ligadas ao mundo do cabalo, como un certame morfolóxico, organizado por Puraga, que puntúa para o campionato galego, e unha xincana de xogos ecuestres, que conta coa colaboración de Xinetes de Remourelle...
leer másDesde o CCH explican que “dende o xoves día 2 ata o sábado 4 de Marzo serán preto de 30 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos incribles, chegando ata o 70 ou 75% en varios casos. Trátase de converter o final de tempada de rebaixas nunha feira de stock.. pero dentro de cada local, convertendo a fin de semana nunha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos. A gran variedade de tendas que se suman a este tipo de campañas fan que sexan todo un éxito de afluencia de clientes”.
E indican que “participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, decoración, artigos para o fogar, librerías e ópticas. Para aproveitar estas oportunidades esperamos que os clientes doutras localidades da comarca se animen a visitar Viveiro esta fin de semana,...
leer másA Feira de San Rosendo, enSan Miguel de Reinante, no Concello de Barreiros, celebrarase os vindeiros 4 e 5 de marzo.
As actividades arredor desta feira de gando, que viña celebrándose un día, alónganse durante a fin de semana co impulso da comisión organizadora, que conta co apoio do Concello de Barreiros e da área de Medio Rural da Deputación de Lugo.
Así, a tradicional feira de gando e artesanía, o domingo a partir das 9.30 horas na Praza de San Miguel, refórzase cunha axenda lúdica que comeza o sábado, con sesión vermú, un aberto de billarda e verbena, e continúa o mesmo día da feira con varias actividades paralelas como un concurso morfolóxico cabalar de Pura Raza Galega, unha carreira de andadura de cabalo marchador galego nas categorías serrada e chapeada e unha ximkana de xogos ecuestres.
... leer másBurela presentará a Feira do Bonito na vila gaditana de Tarifa. Será o 1 de abril, segundo deu a coñecer hoxe o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor lembrou que “este ano fixemos a presentación en Fitur da Feira do Bonito, que é de interese turístico nacional, o que ten moita importancia para nosoutros e para iso se traballou durante moito tempo desde Ledicia, desde o Concello e todo o mundo, penso eu, do concello de Burela, porque a veciñanza sempre bota unha man para isto que nos representa e é unha referencia para todos nós”.
Llano explicou que “entón vimos facendo presentacións da Feira do Bonito en sitios singulares: xa fomos a Madrid, a Salamanca e o ano pasado a Montmeló. E en 2022 veu aquí o alcalde de Tarifa, que ten moito interese porque alí pescan o atún vermello, aquí capturamos o bonito do Norte e...
leer másNa Pontenova celébrase do 3 ao 6 de decembro a XV Feira de Artesanía e Antigüidades.
O horario de apertura ao público será de 11 a 14 horas e de 16 a 21 horas.
Haberá obradoiros de:
Forxa de ferro – José María Rodil Arruñada
Cestería de mimbre – Luisa Martínez Vázquez
Lámpadas de cabaza – Blas Piñar Martínez
Xoias – Soledad Martínez
Coiro – José Bértolo Pichel
Torno de madeira – Suso Tierra
Fiado de fibras naturais – Lumecú (Mercedes Veites)
Tamén se desenvolverá a VI Xuntanza de Vespas, Motos e Coches Clásicos. O sábado, vespas e motos. E o domingo, coches clásicos.
Vilanova de Lourenzá acollerá este domingo, día 23, desde as 09:30 horas a segunda edición da Feira Exposición do Cabalo Galego, na que participarán exemplares procedentes das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra. O evento foi presentado pola alcaldesa, Rocío López, e tres representantes da organización: Isabel Casariego, da Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (PURAGA) e os laurentinos Diego Terrón e Zaira Braña.
A alcaldesa, Rocío López, explica que se organiza esta segunda edición do evento polo éxito que tivo a primeira, celebrada en outubro do ano pasado, e destaca que se prevé que este domingo a participación de exemplares e a presenza de público aínda sexa maior.
Diego Terrón, que ten exemplares de cabalos galegos, resaltou que “é unha feira dedicada ao cabalo de pura raza galega e ao...
leer másLourenzá acollerá o vindeiro domingo 23 de outubro a segunda edición da Feira Exposición do Cabalo Galego, organizada pola Asociación de Criadores de Pura Raza Galega (Puraga) coa colaboración de Medio Rural da Deputación de Lugo.
Durante a xornada, no recinto feiral laurentino, celebraranse diferentes probas e certames morfolóxicos e de andadura, entre elas, as finais do Campionato Galego Morfolóxico Oficial de Pura Raza Galega de sementais e eguas, e tamén as probas finais do Campionato Galego de Andadura de Cabalo Marchador Galego, nas modalidades serrada e chapeada. O prazo de inscrición para participar nas probas permanecerá aberto ata o vindeiro 20 de outubro.
A feira inscríbese no traballo de conservación e promoción do cabalo de pura raza galega que desenvolve Puraga desde a súa creacion, e incide...
leer más