Feira
A parroquia de San Isidoro de Monte, no concello de Xove, celebrará a feira do San Bartolo o día 24 de agosto, sábado.
As actividades empezarán ás 10:00 horas coa recepción do gando no campo da feira. Ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e a partir das 13:30 horas haberá sesión vermú con animación musical, que volverá desde as 17:30 horas.
Haberá premios para o maior número de reses cabalares e para o maior número de reses vacúas. E polo tarde celebraranse concursos de marcha cabalar.
A novidade deste ano é o cambio de ubicación, que pasa a ser na Sala Multiusos do Concello, na Praza Maior. Un emprazamento céntrico e accesible. Serán un total de 8 expositores dedicados á venda de moda de muller, nenos, xuvenil, complementos, calzado, xoiería e bixutería. Os comercios participantes na feira son: Versus, Complementos Sulian, Cocolatte, Oscar Joyeros, F&M, Cobelinha, Van Surf e Van Surf Sneakers..
Unha ampla variedade de artigos que serán postos á venda a uns prezos moi reducidos, onde os clientes poderán mercar verdadeiras gangas, unha oportunidade estupenda de mercar artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables.
O xoves 8 ás 18:00 horas terá lugar a inauguración da Feira que estará aberta ata as 21:30 horas. O horario do venres 9 e sábado 10 será de 11 a 14 horas e de 18 a 21:30...
leer másO Concello de Viveiro acolleu a presentación da 40ª Feira de Artesanía, que se celebrará nos xardíns Noriega Varela entre os días 9 e 18 de agosto.
A feira, organizada polo Concello de Viveiro e a asociación PROA, celebra o seu 40 aniversario, consolidándose como unha das máis antigas de Galicia.
Haberá decenas de postos, coa presenza de numerosos profesionais da artesanía e nos que haberá obradoiros e demostracións do oficio.
Con motivo dos catro decenios de actividade da feira o acto de inauguración contará coa colaboración de Carlos Nuevo, Cronista Oficial de Viveiro, e da asociación folclórica Bágoas da Terra.
Haberá tamén unha exposición sobre a feira realizada con motivo do aniversario na sala traseira do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, co obxectivo de poñer en valor a historia do evento.
Ribadeo acollerá unha feira do automóbil novo e usado os días 31 de agosto e 1 de setembro. Está organizada por Apaga e enmárcase no XIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos. Seis firmas teñen confirmada xa a súa presenza.
Esta é unha das novidades do Fórum, que arrincará o 28 de agosto, nas instalacións de Apaga. O seu presidente, Álvaro Doural, contou que “o programa do Forum xa está listo, é dicir que empezará o 28 e vai rematar o día 30. Neste caso, como todos os anos, sempre reservamos un número de prazas para xente que non é socio noso, para persoas interesadas no mundo do motor. Xa están dispoñibles, é dicir, calquera persoa que queira vir ao Fórum o único que ten que facer é vía web, a través de www.apaga.es anotarse. Aí ten unha ficha para cubrir, que é moi fácil, incluír datos como...
leer másA feira de artesanía Os Muíños celebrarase no barrio do mesmo nome en Mondoñedo este sábado, día 27 de xullo, de 11 a 21 horas.
Ás 11 horas farase a apertura dos 33 postos de artesanía e gastronomía que haberá na feira. E ás 12:30 horas terá lugar o pregón a cargo de Paula Cabaleiro, que é xestora cultural e comisaria de arte e membro do Plenario do Consello da Cultura Galega.
A feira está organizada pola Asociación Profesional de Artesáns dos Muíños de Mondoñedo.
Os meses de xullo e agosto son abondosos en festas e romarías por toda Galicia, non quedando vila nin cidade sen o seu acontecemento.
No verán da Mariña de Lugo destaca, gastronómicamente, a Feira do Bonito de Burela que a falta de pequenos detalles ten o programa de actividades pechado. Arte, deporte e música serán o complemento perfecto a dúas xornadas gastronómicas dedicadas a ensalzar o Bonito de Burela, o Príncipe Azul do Cantábrico.
Desde Ledicia sinalan: “e non só o produto en sí, senón tamén un modo de vida e a historia da flota boniteira de Burela; así o pensou a persoa que será o pregoeiro desta XXXVIII Feira do Bonito: Julio López Quiroga, quen se define a si mesmo como un namorado do seu pobo e sempre, sempre, formalmente informal. Julio, nun intenso traballo de campo, recompilou datos para recordar...
leer másA vixésimo sexta edición da Feira de Gando Cabalar de Lago, parroquia do concello de Xove, celebrarase este domingo, 19 de maio, a partir das 09:30 horas no recinto feiral. Foi presentada con un acto no que participou o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro.
A feira está organizada pola Asociación Equina A Medela e desde as 11 da mañá haberá carreiras e outras probas. Ás 20:00 horas farase a entrega de premios e sortearase un xato.
A parroquia de Galdo, no municipio de Viveiro, celebrará o 12 de maio, domingo, a súa tradicional Feira das Maulas, que ten máis de tres séculos de historia.
As actividades comezarán ás 10:00 horas coa apertura do mercado popular e a feira de gando. Ás 11:00 horas comezarán as probas de andadura federada e ás 14:00 horas haberá sesión vermú amenizada polo trío La Noche, que tamén actuará no baile de tarde. Tamén haberá partido de fútbol, ás 17:00 horas, entre o Celeiro Club de Mar e Novas Raíces de Galdo.
A décimo quinta edición da Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto celebrarase este domingo, 21 de abril.
As actividades empezarán ás 11:00 horas coa apertura da feira, na que haberá artesanía dos ferreiros de Riotorto, exposición de artesáns e produtos do campo.
A partir das 11:15 horas haberá demostración de oficios artesáns e ás 12:00 horas actuará o Coro de Riotorto. A inauguración oficial está programada para as 12:15 horas e ás 12:45 horas terá lugar un obradoiro do ferro infantil. Para os máis pequenos haberá tamén un espectáculo de maxia ás 19:00 horas no atrio da igrexa.
A animación musical da xornada correrá a cargo dos gaiteiros de Riotorto e a charanga NBA.
O recinto feiral estará cuberto con carpa.
A Asociación de Comerciantes, Industrias e Autónomos de Burela organiza a Feira de Abril. Será desde este xoves, día 18, ata o domingo 21 en doce locais hostaleiros.
Haberá xornadas gastronómicas, con tapas a 3 euros, e entre os participantes sortearán dous premios de 300 euros en vales de compra.












