Feira

Etiquetas:
09/08/2022

O Concello de Viveiro celebra desde o venres, día 12, e ata o luns 15 nos Xardíns Noriega Varela a Feira do Libro 2022 ‘Movémonos cos Libros’, cunha ampla oferta cultural e encontros con diferentes escritores e escritoras.

Esta mañá presentaron a feira a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, e María del Cielo Fernández, vicepresidenta da Federación de Librarías de Galicia.

A pregoeira será María Carmen Lage López, antiga propietaria da libraría Porta de Vila de Viveiro, e a pregoeira infantil Iria Pérez Giz, nunha inauguración oficial que será o venres ás 13:00 horas. 

“Durante catro días, Viveiro será a capital do libro en Galicia e asistiremos ao encontro entre os escritores e escritoras que participarán na feira e os seus...

leer más
Etiquetas:
06/08/2022

O Concello de Viveiro acolleu a presentación da XXXVIII Feira de Artesanía, que se celebrará nos xardíns Noriega Varela entre os días 12 e 21 de agosto.

Despois de dous anos de limitacións pola pandemia, a feira terá este ano 32 stands e a presenza de numerosos profesionais deste eido. 

Como novidade, este ano ademais haberá un stand efémero, no que algúns días haberá artesanos e outros obradoiros ou demostracións do oficio.

“Unha referencia no sector, unha feira que destaca pola calidade e a variedade da artesanía, polo que estou convencida de que será un éxito”, afirmou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Etiquetas:
22/07/2022

Comeza a contra atrás para a trixésimo sexta edición da Feira do Bonito de Burela, que se celebrará a primeira fin de semana de agosto. Organizadores e Concello veñen de realizar a presentación oficial na Casa Consistorial coa colaboración da Deputación de Lugo, que promoveu unha sesión de showcooking e unha degustación posterior deste produto emblema.

Burela estreará este 2022 o recente nomeamento da Feira do Bonito como de Interese Turístico Nacional despois de anos de arduo traballo para acadar esta distinción e dous anos de pandemia que impediron celebrar esta feira tan sinalada na localidade.

No acto de presentación estiveron o alcalde de Burela, Alfredo Llano, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, a subdelegada de Goberno en Lugo, Isabel...

leer más
Etiquetas:
14/07/2022

Burela estreará este ano 2022 o recente nomeamento da Feira do Bonito como de Interese Turístico Nacional. Nunha aposta decidida por continuar coa súa promoción, organizadores e Concello realizarán a presentación desta cita gastronómica e cultural nas instalacións do coñecido circuíto de Montmeló.

Ata esta localidade catalá desprazarase unha delegación encabezada polo alcalde de Burela, Alfredo Llano, acompañado dun grupo de veteranos do mar e a cronista oficial do concello, Herminia Pernas, co obxectivo de presentar a Feira do Bonito que terá lugar o primeiro fin de semana de agosto, así como dar a coñecer neste lugar todos os atractivos turísticos cos que conta Burela.

Segundo afirmou o alcalde, “existe unha vinculación entre os dous municipios pola industria da cerámica que foi moi representativa aquí en Burela...

leer más
Etiquetas:
14/06/2022

Despois duns anos de parálise por mor do COVID, o Concello de Foz anuncia que a Feira da Espiñeira volverá este domingo 19 de xuño no recinto habitual na parroquia de Vilaronte.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “ao gando habitual de vacas e cabalos sumaranse outros animais nunha xornada de festa que tivera unha gran importancia económica no seu momento. A feira, que fora recuperada no ano 1998 por parte dos veciños da Espiñeira despois de 20 anos sen celebrarse, continúa coa organización do Concello: é moi importante, cada vez máis, tamén para que os cativos teñan contacto coa natureza e a gandería. Vamos poder desfrutar dos animais, pero tamén haberá música co Dj Tapy García, cantina e, por suposto, unha pulpería para todos os que queiran pasar o día na Espiñeira”

A feira da Espiñeira celébrase de forma...

leer más
Etiquetas:
12/05/2022

A oitava edición de Letras no Campo, a feira ribadense do libro, celebrarase do 14 ao 17 de maio. Haberá presentacións de libros, concertos, a proxección dunha película e un photocall moi especial do que participarán o Coco e a Coca. As casetas abrirán de 11:30 a 13:30 horas polas mañás e de 17:30 a 20:30 horas polas tardes. As Letras no Campo foron presentadas pola concelleira de Cultura, Pilar Otero, e por libreiros participantes. 

A edil ribadense manifestou: “podemos dicir que nesta fin de semana longa en Ribadeo temos moitos atractivos para quen vivimos aquí e para todas as persoas que queiran vir visitarnos. Mentres a feira do libro se está a desenvolver ponse en marcha o Ribadeo de Tapeo, o clásico e pioneiro evento de tapas que ofrece as mellores suxestións en bares e restaurantes. Tamén o programa de achegamento e goce da nosa...

leer más
Etiquetas:
10/05/2022

A Asociación de Veciños San Sebastián de Carballido organiza a Feira do Trece que se celebrará na parroquia de Carballido,  en Alfoz, o 18 de xuño.

Ás 10:00 horas terá lugar a apertura da feira na que haberá postos de gando, maquinaria, artesanía e produtos da zona como cereixas. Ás 13:00 horas celebrarase a sesión vermú e un xantar con menú típico e ás 16:30 procederase á entrega de premios da feira e sorteo de agasallos.

Ás 18:00 horas terá lugar unha exhibición canina a cargo de Paco Lobo coa participación de campións e subcampións de Europa e de España. Ás 18:30 h. haberá unha mostra de adestramento canino caneduro e ás 21:00 horas volverá unha segunda exhibición canina de Paco Lobo. A xornada rematará cunha cea e verbena.

No concurso de gando haberá premios para o lote máis numeroso...

leer más
Etiquetas:
08/05/2022

O Concello de Viveiro retoma este ano unha das súas citas tradicionais do verán, a XIII Feira Renacentista, tras o parón obrigado pola pandemia do coronavirus. 

Esta nova edición da feira e o mercado renacentista será os días 7, 8, 9 e 10 de xullo, tras a celebración do Resurrection Fest.

“A feira lucirá de novo con todo o seu esplendor e coa súa programación habitual, con actividades como o desembarco e as comidas na rúa”, explica a concelleira de Cultura, Lara Fernández-Noriega.

“É unha satisfacción poder recuperar a normalidade tras dous anos de pandemia, cun evento como este tan esperado por veciños e visitantes”, engade pola súa parte a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

 

Etiquetas:
05/05/2022

O Concello de Viveiro organiza este fin de semana, días 7 e 8 de maio, coa colaboración de asociación de veciños de Galdo a tradicional Feira das Maulas, despois do parón obrigado pola pandemia do coronavirus.

A programación foi presentada esta mañá pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, o tenente de alcalde, Jesús Fernández, e membros da Asociación de Veciños Camiño de Galdo.

As Maulas naceron hai 300 anos como unha feira franca ou libre, na que os veciños de Galdo vendían aparellos de labranza, gando, pan, viño, panos ou froita.
“Un motivo de ledicia recuperar esta celebración, a Feira das Maulas forma parte de algo inmaterial e intanxible, de algo imprescindible en parroquias como Galdo: o sentimento de pertenencia”, explicou Loureiro.

A programación deste fin de semana...

leer más
Etiquetas:
01/05/2022

O 15 de maio terá lugar a 24 Feira de Gando Cabalar, que organiza a asociación A Medela, de Xove.

Todos os participantes que desexen inscribirse nas probas tanto na das de pola maña como nas da tarde terán ata o 11 de maio para anotarse.

Poderán facelo por correo electrónico en asociacionamedelaxove@gmail.com ou por whatsapp nos seguintes teléfonos: 690861415 ou 616631495

O 15 de maio de 9:30 a 11 horas será a apertura do recinto feiral para a presentación dos participantes e as medicións dos cabalos tanto de galope como de andadura. De 14 a 16 horas será o xantar e ás 20 horas terá lugar a entrega de premios e procederase a sortear un xato.