Unicef

Etiquetas:
13/12/2015
A Carreira Popular de Reis de Barreiros terá lugar o 3 de xaneiro. A proba volve desputarse grazas á colaboración da Deputación de Lugo. Esta nova edición será a prol de Unicef.
 
O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, xunto co representante de Egovarros e da Federación Galega de triatlón e organizador da proba, Paco Rodríguez, así coma cos representantes de UNICEF Chus Maseda, de ACIA Barreiros Xesús Seivane e José Carlos Díaz colaborador da organización da proba, participaron na presentación da Carreira Popular de Reis de Barreiros de 2.016, levada a cabo no campo de fútbol Cascabeiro e na Lagoa dos Patos de Barreiros.
Esta nova edición terá lugar o vindeiro 3 de xaneiro e o escenario da saída e da chegada será o campo de fútbol Cascabeiro. A partires das 11:00 comezarán as probas infantís, para as 11:45 dar a saída da categoría adulta que percorrerá a través da xeografía mariñá 12.000 metros. Dende a categoría pitufo ata a...
leer más