Ocioteca

Etiquetas:
08/06/2018

A Concellería de Medio Ambiente organiza un ano máis actividades para axudar a conciliar a vida laboral e familiar durante o verán. Noelia Mª Ben presentou unha nova edición da Ocioteca, verán activo con Gaia. 

A edil de Medio Ambiente contou que “a Ocioteca funcionará durante os meses de xullo e agosto dende as 9:00 ata as 13:30 horas de luns a venres, agás os festivos. Poderán participar nestas actividades un total de 50  nenos empadroados no noso concello que naceran entre o ano 2006 e o 2015. Terán prioridade se ambos proxenitores están activos laboralmente ou tamén os fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero”. 

Haberá dous grupos. Un para nen@s de 3 a 7 anos, que contará con 25 prazas e outro para rapaces de 8 a 12 anos, que disporá doutras 25 prazas. 

Noelia Mª Ben engadiu...

leer más
Etiquetas:
14/06/2017

A Concellería de Medio Ambiente pon en marcha a Ocioteca, con actividades de verán dirixidas a nen@s empadroad@s neste municipio e nad@s entre os anos 2014-2005. En total son 50 prazas que se distribuirán en dous grupos de nen@s con idades comprendidas desde os 3 aos 12 anos.

O prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns, 19 de xuño, e as fichas de inscrición e demais documentación xustificativa deberán entregarse no Concello a partir das 8:00 horas. O período para anotarse remata o 21 de xuño e quen non teña formalizada e entregada a ficha de nas datas indicadas, non poderá asistir ás actividades, segundo informan desde a Concellería de Medio Ambiente. 

A edil Noelia Mª Ben subliñou que “cada persoa só poderá entregar as fichas de inscrición dos seus fillos e doutra persoa máis (de outro pai ou nai), ao entender...

leer más
Etiquetas:
18/06/2015
A Ocioteca, que un verán máis pon en marcha o Concello de Burela, desenvolverá a súa actividade do 1 de xullo ao 31 de agosto.
 
Un ano máis o Concello de Burela, a través da Aula Medio Ambiental Gaia, pon en marcha a Ocioteca dentro das actividades denominadas Verán activo. 
A Ocioteca está destinada a nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2003, é dicir con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. As actividades levaranse a cabo do 1 de xullo ao 31 de agosto no CEIP Vista Alegre Nº 2. Dende as 9:00 da mañá ata as 13:30 os rapaces poderán gozar de multitude de actividades: manualidades, xogos ao aire libre, rutas… “É sen dúbida unha maneira de axudar a conciliar a vida laboral e familiar nestes meses nos que os rapaces non teñen cole”, segundo explican as propias monitoras de Gaia.
O prazo de inscrición terá lugar do luns 22 ao xoves 25 de xuño a partir...
leer más