Suspensión
Debido a razóns sanitarias cos contaxios por Covid-19 aumentando en forma exponencial, dende o Concello de Xove “considérase que o mellor, e para protexer a saúde de todos nós, é suspender as actividades do Programa de Nadal previstas para os próximos días”.
Debido a isto:
-Suspéndese o Día dos Nenos, que estaba previsto para mañá martes, 4 de xaneiro, con inchables na Piscina e no Pavillón.
-E suspéndense tamén a Cabalgata de Reis e todas as demais actividades previstas para o mércores, 5 de xaneiro.
Dende o Concello “agradecemos a comprensión dos nosos veciños e veciñas, desexándolles que poidan disfrutar igualmente dos Reis Magos, doutro xeito distinto, pero máis seguro”.
Os concertos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre que estaban programados para mañá, sábado, 2 de outubro, en Lourenzá, concretamente no claustro do mosteiro de San Salvador, foron suspendidos ante a previsión de mal tempo.
Xabier Díaz informa a través da súa páxina web e das súas redes sociais desta suspensión e explica que as entradas mercadas na web “nos próximos 10 días hábiles farase a devolución das entradas pola tiqueteira Ataquilla. A comunicación da devolución farase no mesmo mail no que foron adquiridas as entradas. Para calquera cuestión relacionada pódese contactar co mail devoluciones@ataquilla.com”.
En canto ás entradas físicas mercadas na biblioteca municipal de Lourenzá hai de prazo ata o día 21 deste mes para solicitar a súa devolución. Para elo...
leer másDesde o Concello sinalan que “á vista da situación epidemiolóxica e, aínda que a realización da ruta está permitida e se realizaría cun estrito cumprimento das medidas sanitarias -ao igual que a realizada na pasada semana- o Concello de Barreiros decidiu suspender esta ruta a espera da evolución do coronavirus no municipio”.
Esta segunda ruta organizárase tras o éxito da que tivo lugar a semana pasada e contaba con aforo completo e lista de agarda.
A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “a suspensión da mesma é un acto de responsabilidade, xa que precisamente as administracións e cargos públicos debemos ser exemplarizantes na adopción de medidas para frear a expansión da covid19”.
Desde o Concello barreirense anuncian tamén que, cando a situación sanitaria o aconselle, se retomará a...
leer másO Concello de Viveiro informa da suspensión desde esta mesma tarde de toda a programación cultural que estaba prevista para o Nadal, debido á situación do peche perimetral e as restricións impostas pola Xunta de Galicia.
O Concello mantén unicamente aberto o belén Viveiro ante o Berce por ser nun espazo aberto e ao aire libre no que se conta cun protocolo Covid.
A Concellaría de Cultura traballa para que o Día de Reis haxa algunha sorpresa, pero sempre con total seguridade e dentro do protocolo e das medidas establecidas, co fin de poder manter a maxia dese día para todos os nenos e nenas.
Debido ao alto número de casos de Covid-19 que neste momento ten Xove cun incremento continuo, o Concello decidiu suspender as actividades do Programa de Nadal previstas para estes vindeiros días. Desde o Concello subliñan: “loxicamente, tratamos de preservar a saúde de todos, que para nós é o máis importante. Polo tanto, suspendemos a vídeo proxección da curtametraxe de Xacio Baño Augas Abisais, que estaba prevista para este sábado, 26 de decembro, e tamén suspendemos a función de teatro de Pico do Castro O Terapeuta, que estaba prevista para este domingo, día 27”.
A quinta edición da carreira nocturna Burela Bonita, que se ía celebrar a finais deste mes de xullo, queda suspendida por mor da crise sanitaria orixinada polo coronavirus. Os organizadores buscan unha nova data para este ano para poder celebrar a carreira sen que supoña ningún perigo para a veciñanza.
Ramiro Fernández Rey, concelleiro de Deportes en Burela, declarou que “a situación que estamos a vivir obríganos a tomar novas medidas para asegurar a saúde dos nosos veciños e veciñas, por iso decidimos suspender e carreira Burela Bonita. Imos buscar unha nova data. A nosa maior ilusión é poder realizar a quinta edición este ano, pero ante todo está a seguridade da nosa xente. Temos que ser responsables e dar exemplo.”
O edil burelés engadiu que “de non poder celebrarse nas vindeiras semanas a V Carreira Burela...
leer másA Ocioteca de Verán do Concello de Burela suspende o seu inicio previsto para o vindeiro 13 de xullo.
A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, explicou que “o Concello de Burela suspende ata novo aviso a Ocioteca de Verán, debido á situación que estamos a vivir na Mariña co brote de Covid-19. Nun exercicio de responsabilidade preferimos agardar para a súa posta en marcha ata que a situación se controle e a vida dos nosos veciños e veciñas volva á nova normalidade”.
A edil burelesa insistiu en que “cando a situación o permita poñeremos nova data do inicio para a nosa Ocioteca de Verán. Con elas pretendemos promover actividades que favorezan a diversión creando un ambiente lúdico e actividades que favorezan o traballo en equipo e a creatividade; potenciará actitudes de valoración e respecto cara o entorno físico...
leer másO Concello de Xove anuncia a cancelación do Campamento de Verán.
Dende o Concello comunican que “tras sopesar as diferentes posibilidades que tiñamos para desenvolver o noso campamento Xove Concilia Verán, finalmente decidimos a súa cancelación e pospoñelo ao verán 2021. Estivemos esperando a ver se a evolución da pandemia permitía poder realizar un campamento en condicións”.
O Concello de Xove engade que “debido ás restricións impostas pola crise sanitaria, víamos imposible organizar a devandita acción de conciliación garantindo as medidas de distancia de seguridade interpersoal e as medidas de hixiene e prevención. Todo isto unido aos recentes rebrotes xurdidos na comarca, afiánzanos a decisión tomada, pensando sempre na seguridade dos/as menores participantes e dos/as monitores”.
Nunha reunión celebrada este pasado xoves, na que participaron a alcaldesa, Rocío López, membros do equipo de goberno e representantes dos fabeiros de Lourenzá, acordouse suspender a XXX Festa da Faba, que se ía celebrar na primeira fin de semana de outubro.
A rexedora municipal laurentina explica que “foi unha decisión moi difícil de tomar porque esta ía ser unha edición especial ao cumprírense os 30 anos da súa celebración, pero vista a evolución da pandemia do Covid-19, os rebrotes que se están a producir e a incerteza do que poda pasar no outono fíxonos tomar esta dolorosa medida, xa que non se podería garantir a seguridade dos numerosos visitantes que acoden a esta importante cita gastronómica”.
Rocío López comentou tamén que “o concurso para escoller o cartel anunciador segue adiante. Falaremos co autor ou...
leer másNo Salón de Plenos do Concello o alcalde, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, mantiveron unha xuntanza coas comisións organizadoras das distintas festas parroquiais e patronais, festas gastronómicas e feiras de gando que se celebran en Xove.
Debido ao problema do coronavirus acordaron suspender este ano a celebración das distintas festas e feiras, primando neste sentido a seguridade das persoas. Todos os participantes na xuntanza asumiron que a celebración dos distintos eventos suporía un risco sanitario moi alto, dado que a previsión é que se producirían grandes concentracións de persoas nestes eventos, tendo en conta tamén que se desprazarán moitas persoas a Galicia a pasar as vacacións, “xa que fomos os primeiros en saír do estado de alarma”.