O Concello de Viveiro suspende a programación cultural de Nadal debido ao peche perimetral e aos contaxios por covid. Segue aberto o belén ao aire libre.

O Concello de Viveiro informa da suspensión desde esta mesma tarde de toda a programación cultural que estaba prevista para o Nadal, debido á situación do peche perimetral e as restricións impostas pola Xunta de Galicia.

O Concello mantén unicamente aberto o belén Viveiro ante o Berce por ser nun espazo aberto e ao aire libre no que se conta cun protocolo Covid.

A Concellaría de Cultura traballa para que o Día de Reis haxa algunha sorpresa, pero sempre con total seguridade e dentro do protocolo e das medidas establecidas, co fin de poder manter a maxia dese día para todos os nenos e nenas.