Ximnasia

27/09/2026

O Concello de A Pontenova ofrece clases de ximnasia de mantemento para adultos que se desenvolverán os venres desde o día 2 de outubro ata o mes de xuño.

“Este venres, 2 de outubro, comezan as clases de ximnasia de mantemento nas distintas parroquias. Unha actividade pensada para manterse activos, mellorar a mobilidade e coidar a saúde dun xeito sinxelo e divertido”, anuncia o Concello de A Pontenova, que engade: “non é necesario anotarse. Só tes que acudir directamente no horario indicado no cartel”.

Serán todos os venres nestes horarios: en Xudán, de 16:30 a 17:30 horas; na Pontenova, de 17:40 a 18:40; en Villameá, de 18:50 a 19:50; en Rececende, de 20:00 a 21:00; e en Acebro, de 21:15 a 22:15.

Etiquetas:
06/09/2026

O Concello de Burela anuncia que o vindeiro día 21 de setembro, luns, comeza unha nova edición de Ximnasia Activa, programa de envellecemento activo dirixido a persoas maiores de 60 anos. As inscricións poderán facerse do 7 ao 16 de setembro na Casa do Concello de 9:00 a 14:00 horas.

“Actividade física, xogos, ximnasia e, sobre todo, unha boa oportunidade para manterse activ@s e compartir bos momentos”, explica o Concello de Burela.

Etiquetas:
05/04/2026

A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, no municipio de Cervo, organiza un curso de ximnasia adaptado a persoas de todas as idades. Comezará o día 10 de abril, venres, e desenvolverase ata o mes de xuño no Local Social de Trasbar de 19:00 a 21:00 horas.

O prezo para participar nesta actividade é de 10 euros ao mes para as persoas que pertencen á asociación organizadora e de 15 euros mensuais para as que non forman parte do colectivo veciñal do burgo de Trasbar.

01/03/2026

O Concello de Lourenzá retoma a actividade de ximnasia de mantemento o día 2 de marzo, luns.

Desenvolverase os luns de 17:00 a 18:00 horas no Pavillón de Lourenzá e os mércores de 16:30 a 17:30 horas no Pavillón de Santo Tomé.

E unha actividade gratuíta para todas as idades que se levará a cabo ata o mes de maio.

04/09/2025

O Concello de Burela organiza unha actividade de ximnasia activa para persoas maiores de 60 anos. O prazo de inscrición será desde o día 9 ao 19 de setembro.

“A partir do martes 9 de setembro será posible inscribirse nesta actividade na Casa do Concello. Haberá diferentes grupos e horarios, escolle o que che veña mellor! Ximnasia, xogos e actividades para un envellecemento activo”, anuncia o Concello de Burela.

16/06/2024

Volve o Campus de verán do Club Ximnasia Viveiro para nenas e nenos a partir dos 4 anos, practiquen ou non ximnasia rítmica. Será do 1 ao 26 de xullo de luns a venres de 10 a 14 horas, con servizo gratuíto de madrugadores de 9 a 10 horas.

A organización anuncia que haberá “baile, preparación física, manexo de aparatos, técnica corporal, acrobacias, ballet, xogos, manualidades e moita diversión”.

Desenvolverase no pavillón municipal, no parque Pernas Peón e na praia de Covas.

As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse ata o venres 21 de xuño a través do correo campuscxviveiro@gmail.com ou de 605.56.85.92.

 

Etiquetas:
21/03/2024

Este sábado, 23 de marzo, celebrarase a vixésimo sexta edición do Torneo Concello de Ribadeo de ximnasia rítmica, que organiza o club local Porta Norte.

Será no pavillón polideportivo municipal ribadense novo, situado na Avenida de Luarca. Na xornada de mañá, a partir das 09:15 horas, disputarase a Fase Norte Interescolar e pola tarde, desde as 16:00 horas, terán lugar as competicións de conxuntos niveis escolar, promoción e pre-base.

 

Etiquetas:
16/02/2024

O Concello de Burela, a través do Programa Xunt@s de impulso da participación cidadá e asociacionismo na provincia da Deputación de Lugo, oferta un curso de ximnasia de mantemento que dará comezo o martes 5 de marzo de 2024 en horario de 17:30 a 18:30 horas. 

Para inscribirse o prazo vai desde o luns 19 ata o xoves 29 de febreiro en horario de 9:00 a 15:00 horas na Casa do Concello de Burela. As prazas son limitadas.

 

Etiquetas:
13/04/2023

Os concelleiros de Deportes e Turismo, Jorge Díaz e Pablo Vizozo, subliñaron a repercusión económica que terán en Ribadeo os eventos de ximnasia rítmica que esta vindeira fin de semana reunirán a 1.000 ximnastas na vila. Os torneos foron presentados no Concello nun acto que contou tamén coa presenza da responsable da Escola de Ximnasia Rítmica Porta Norte, Nelly Bouso, e do técnico municipal de Deportes, Iván López. 

Nelly Bouso, da Escola de Ximnasia Rítmica Porta Norte, explicou que “esta fin de semana vamos acoller en Ribadeo dous eventos diferentes: o primeiro, que vai ser o sábado, é a primeira fase do campionato provincial escolar clasificatorio para o campionato galego, e máis o de promoción e prebase. É un campionato oficial organizado pola Federación Galega de Ximnasia, no que nós colaboramos. E o domingo, igual que en anos...

leer más
Etiquetas:
09/09/2022

O Concello de Burela abre o prazo o vindeiro 12 de setembro para o programa de envellecemento activo destinado a persoas empadroadas de máis de 60 anos. Integrado nas Escolas Deportivas, o curso comezará o luns 19 de setembro e finalizará o mércores 14 de decembro, dando continuidade ao realizado antes do verán polo seu éxito entre os veciños.

As persoas interesadas teñen de prazo máximo ata o 14 de setembro para presentar a ficha de inscrición na actividade, debendo entregala na Casa do Concello en horario de 8 a 15 horas. A adxudicación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición, tendo prioridade os usuarios e usuarias que xa participaron no primeiro ciclo do curso.

O programa porase en marcha dúas horas á semana organizadas en dous grupos de 20 persoas como máximo, impartindo as clases o técnico de...

leer más