Normanda

Etiquetas:
25/08/2022

Foz celebrará a súa X Festa Normanda do 25 ao 28 de agosto, con mercado tódolos días, actividades lúdicas e musicais e moitas recreacións históricas.

As festas darán comezo o xoves, 25 de agosto, as 20:00 horas coa apertura do mercado. Xa o 26 ás 12:00 horas, farase a inauguración no Paseo da Ribeira do campamento normando, e durante a xornada haberá actividades e animación con recreación histórica. Pola tarde, as 20:00 horas, haberá música a cargo de Dj Cosme, e as 21:00 horas será o pregón oficial, que pronunciará Marcos Fernández, seguido da representación teatral da lenda de San Gonzalo e o nomeamento do focego maior. Por último as 23:00 horas terá lugar o concerto de Monolius Dop.

O 27 de agosto as actividades arrincan ás 11:00 horas coa apertura do mercado e as actividades no campamento. Ás 13:30 será a...

leer más
Etiquetas:
17/04/2022

Foz celebrará a súa Festa Normanda do 26 ao 28 de agosto deste 2022. Así o anunciou nas súas redes sociais a organización: Asociación Desembarco Normando. 

A novena edición tivo lugar no verán de 2019. Ao ano seguinte, en plena pandemia do covid, non se celebrou e no 2021 tivo lugar unha versión reducida deste evento de recreación histórica. 

Os detalles do programa non transcenderon, pero todo apunta a que haberá desembarco na praia de Tupide, mercado e unha chea de actividades coas que Foz despedirá así o verán. 

 

Etiquetas:
24/08/2021

En Foz celébranse actividades para conmemorar a Festa Normanda ata o 29 de agosto. No Cenima está instalada unha exposición viquinga e hai mercado na zona portuaria do xoves 26 ao domingo 29.

Ademais o grupo musical UPSALA Medieval animará as rúas o venres 27 e o sábado 28. Este segundo día tamén haberá dúas representacións teatrais da lenda de San Gonzalo na praza Conde de Fontao, unha infantil a cargo de nenos e nenas de Foz ás 13:00 horas, e a outra por parte de veciñas e veciños de San Martiño ás 21:30 horas. E o cuarteto Illa Pancha  actuará polas rúas ás 20:30 horas. 

E o domingo 29 ás 13:00 horas na praza de Conde de Fontao haberá unha obra de teatro infantil de Pakolas.

 

Etiquetas:
27/08/2020

O Concello de Foz programa actividades da iniciativa Cultura na rúa en recordo da Festa Normanda esta fin de semana, sábado e domingo.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “este ano por mor do COVID-19 non se pode celebrar a Festa Normanda, pero temos unha programación cultural en recordo, con sentidiño”.

O sábado Perkusiona ofrecerá un pasarrúas de batukada a partir das 13:00. Á mesma hora na paseo da Rapadoira terá lugar un concerto do grupo Super Glu. Na Praza Conde de Fontao haberá o espectáculo infantil Os Monifates ás 18:00 e ás 20:00 horas e o espectáculo circense de Troula Animación ás 19:00 horas. Ás 21:00 horas haberá de novo pasarrúas de batukada a cargo de Perkusiona. E rematarán as actividades desa xornada cun novo concerto do grupo Super Glu ás 21:30 horas na praza Conde de Fontao.

... leer más
Etiquetas:
25/08/2019

A Asociación Desembarco Normando organiza a IX Festa Normanda de recuperación da memoria histórica, que se celebrará en Foz os días 29, 30 e 31 de agosto e 1 de setembro.

O xoves, 29 de agosto, ás 20:00 horas, procederase á apertura do mercado e haberá animación musical a cargo do Feitizo.

O venres, 30 de agosto, ás 12:00 horas será a apertura do mercado e a inauguración da Festa e Campamento Normando, sito no Paseo da Ribeira. Durante toda a xornada haberá actividades de animación e recreación histórica. Ás 21:00 horas celebrarase o pregón que correrá a cargo de Belinda Washington, na área recreativa do Bispo Santo. Despois terá lugar a representación teatral da lenda de San Gonzalo por parte das veciñas e veciños de San Martiño, dirixidos por José Peinó. Haberá servizo gratuíto de autobuses ata a área recreativa...

leer más
Etiquetas:
22/08/2018

Todo está listo en Foz para a celebración dunha nova edición da Festa Normanda. Este venres, 24 de agosto, a partires das 21:00 horas, terá lugar a representación do Milagre de San Gonzalo na Festa Normanda de Foz.

Como cada ano, un grupo de veciños de San Martiño sobe ao alto da Grela, durante a Festa Normanda, e representa o famoso milagre de San Gonzalo, o Bispo Santo, afundindo aos barcos normandos para salvar aos galaicos.

Nesta ocasión a representación céntrase no milagre que a lenda atribúe a San Gonzalo, para crear a famosa Fonte da Zapata, ao carón da Basílica de San Martiño.

Ademais este ano o pregoeiro da Festa Normanda será o home de teatro e impulsor da cultura en Foz, José Ramón Vila.

 

Etiquetas:
13/08/2018

Foz acollerá a segunda edición da carreira de obstáculos Reviravolta Normanda o día 24 deste mes, venres, ás 20:00 horas. As inscricións para participar realízanse na web www.championchipnorte.com

A saída e a meta da proba estarán na praza Rosalía de Castro, onde tamén se recollerán os dorsais de 18:00 a 19:30 horas, e a entrega de premios realizarase no Recinto Normando, que estará situado na dársena do porto focense.

A carreira discorrerá por un circuíto de 5,2 quilómetros con diversos obstáculos naturais e artificiais. A idade mínima de participación son 15 anos e os menores de 18 deberán presentar unha autorización asinada polos seus pais.

A proba está organizada pola Asociación Desembarco Normando e conta coa colaboración do Concello de...

leer más
Etiquetas:
17/07/2018

A oitava edición da Festa Normanda de Foz presentarase o martes da vindeira semana, día 24 de xullo, con varios actos.

A presentación oficial e o desfile darán comezo ás 20:00 horas na praza Conde de Fontao e correrán a cargo de Rosana & Pili e O Nabiño. A continuación haberá unha churrascada no paseo da Ribeira coa actuación de Dambara e música ambiente con Dani Rego. O prezo da ración, composta de churrasco, chourizo, pan e viño, será de 7 euros.

Organiza a asociación Desembarco Normando de Foz coa colaboración do Concello de Foz, a Deputación  de Lugo, o CCA de Foz, O Nabiño de Mondoñedo e Rosana & Pili.

 

Etiquetas:
01/08/2017

A sétima edición da Festa Normanda de Foz presentarase este sábado, 5 de agosto, cun evento que se celebrará na zona portuaria focense.

Os actos comezarán ás oito da tarde coa presentación oficial da festa e desfile a cargo de Rosana&Pili na praza Conde de Fontao. A continuación na explanada do porto haberá churrascada con churrasco, pan, chourizos, viño e salsa normanda do IES de Foz. O prezo da ración é de 6 euros. Estará amenizada con música ambiente a cargo dun DJ.

 

Etiquetas:
10/06/2017

A Festa Normanda de Foz incluirá na edición deste ano un concurso de grupos musicais indie, pop, rock ou folk. O certame, que se celebrará o día 1 de setembro a partir das 20:30 horas, foi presentado por membros da asociación Desembarco Normando xunto con Fabio, de Studios Empyreal, de Viveiro.

O prazo de inscrición comezou hoxe, sábado, e rematará o 1 de agosto. Despois deste período a organización escollerá entre todos os grupos inscritos a 8 participantes para actuar no concurso. O premio será a gravación dunha maqueta de 7 cancións.