Foz acollerá a carreira de obstáculos II Reviravolta Normanda o 24 de agosto. A inscrición para participar está aberta.

Foz acollerá a segunda edición da carreira de obstáculos Reviravolta Normanda o día 24 deste mes, venres, ás 20:00 horas. As inscricións para participar realízanse na web www.championchipnorte.com

A saída e a meta da proba estarán na praza Rosalía de Castro, onde tamén se recollerán os dorsais de 18:00 a 19:30 horas, e a entrega de premios realizarase no Recinto Normando, que estará situado na dársena do porto focense.

A carreira discorrerá por un circuíto de 5,2 quilómetros con diversos obstáculos naturais e artificiais. A idade mínima de participación son 15 anos e os menores de 18 deberán presentar unha autorización asinada polos seus pais.

A proba está organizada pola Asociación Desembarco Normando e conta coa colaboración do Concello de Foz.