Ata o 28 de agosto ten lugar en Foz a X Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica con infinidade de actividades para todos os públicos.

Foz celebrará a súa X Festa Normanda do 25 ao 28 de agosto, con mercado tódolos días, actividades lúdicas e musicais e moitas recreacións históricas.

As festas darán comezo o xoves, 25 de agosto, as 20:00 horas coa apertura do mercado. Xa o 26 ás 12:00 horas, farase a inauguración no Paseo da Ribeira do campamento normando, e durante a xornada haberá actividades e animación con recreación histórica. Pola tarde, as 20:00 horas, haberá música a cargo de Dj Cosme, e as 21:00 horas será o pregón oficial, que pronunciará Marcos Fernández, seguido da representación teatral da lenda de San Gonzalo e o nomeamento do focego maior. Por último as 23:00 horas terá lugar o concerto de Monolius Dop.

O 27 de agosto as actividades arrincan ás 11:00 horas coa apertura do mercado e as actividades no campamento. Ás 13:30 será a formación das tropas normandas e combates no campamento. A continuación, ás 13:45 haberá un concerto na praia de Tupide a cargo de Upsala, seguido da gran representación do ataque normando á vila coa milagre de San Gonzalo. Ás 16:30 horas comezará a demostración de cestería e as 17:30 haberá un contacontos nos xardíns da Praza Conde de Fontao. Ademais disto, pola tarde tamén se poderá participar en diversas actividades no campamento normando, como son a talla de madeira, demostración de forxa e actividades en coiro. Ás 18:00 horas haberá xogos populares, e ás 19:30 unha exhibición de combates na zona portuaria. Ás 20:00 horas amenizarán o recinto normando Dj Residente e Mia Disco, seguido do concerto de Banda Xanngai. Ás 23:15 horas comezará o ritual de celebración do funeral normando, cunha procesión dende o campamento ata a praia de Tupide, seguido dun concerto de Upsala. Xa por último, ás 00:00 horas será o funeral acompañado de malabares con lume e pirotecnia.

O domingo, 28 de agosto, será o Día Infantil, que comezará ás 12:00 horas coa apertura do mercado e as actividades no campamento. Ás 16:00 continuarase cos obradoiros e as actividades e xa pola tarde, ás 17:30 horas, terá lugar o desembarco infantil, no campamento normando, e xogos para os nen@s. Alí proporcionaranse armas inofensivas para a representación, e os nen@s que queiran fabricar a súa arma na casa poderán facelo con materiais como cartón, espumo ou armaflex.