Pop

Etiquetas:
22/08/2022

Este venres, 26 de agosto, chega a Ribadeo o Festival Locos por Galicia de Los40Classic, coa colaboración do Concello e da Xunta de Galicia.

Este festival contará coas actuacións de Rafa Sánchez e de OBK. Dará comezo ás 22:00 horas no aparcadoiro municipal con entrada libre.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, anima a acudir a este festival: “para gozar coa música de Rafa Sánchez e de OBK e viaxar no tempo ata as décadas máis brillantes destas formacións aló polos anos 80 e 90”.