Eventos
Desde o Concello de Ribadeo fan unha chamada á paciencia, á prudencia e ao sentido común para a observación da eclipse solar de mañá, 12 de agosto. E piden que se teñan en conta as indicacións dos servizos de Policía Local, Protección Civil, Garda Civil, empregados de Tragsa e axentes medio ambientais da Xunta de Galicia.
O xefe da Policía Local subliña e lembra as zonas de exclusión: “a pasarela do Cargadoiro e o acceso á Illa Pancha estarán pechados así como a praia das Catedrais e as súas pasarelas e os sendeiros de todo o monumento natural, que serán vixiados por persoal de Tragsa e axentes medio ambientais da Xunta. Pedimos paciencia, prudencia e moito sentido común”. E segue a relatar: “o tráfico entre a rotonda das Catedrais en Ribadeo e o restaurante A Yenka en Barreiros estará cortado a partir das 15:00 horas e non volverá a...
leer másO Concello de Cervo instala unha carpa na Praza do Souto e outra na Praza dos Campos para acoller os eventos culturais dos meses de novembro, decembro e xaneiro.
Para esta fin de semana as carpas acollerán a programación pertencente ao Samaín 2021, que mañá sábado contará cun contacontos na Praza do Souto ás 12:30H e unha Festa infantil de Samaín na Praza dos Campos de 17H a 20H. Ademais, para hoxe hai sesión de cine na Casa da Cultura ás 20:00H coa película “Monster House”; e o domingo temos de novo sesión de cine na Casa da Cultura ás 20:30H co filme “La purga: la noche de las bestias” e a festa de Samaín 2021 na Sala de Exposicións do Complexo Histórico-Artístico de Sargadelos de 17:30H a 21H a cargo da Asociación A Fervenza de Sargadelos.
Durante os meses de novembro, decembro e xaneiro as carpas serán o lugar...
leer más




