San Caetano

10/08/2022

Os días 19 e 20 de agosto celebrarase en Celeiro de Mariñaos o San Caetano, organizado pola asociación Irmandade San Caetano e coa colaboración do Concello de Barreiros, Medio Rural da Deputación de Lugo, Gadis e Cenor Belianorte.

Haberá a XXV Festa da Tortilla e diversas actuacións musicais e lúdicas por parte de Os Lambós, grupo folclórico; Tumba e Dálle, música tradicional; Verónica Cambón, artista rockeira folclórica;, Louband, charanga; Guillermo Solo, malabarista internacional; e José Anido con música de sempre.