Soldos

Etiquetas:
10/03/2022

AciaFozCCA regalará 15 soldos por mercar en Foz. Son 6.000 euros en vales de compra ós que destina ás campañas do día do pai e da nai, que foron presentadas hoxe nun acto no que participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e o presidente da asociación empresarial focense, José Carlos Paleo. 

Todas aquelas persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados a AciaFozCCA desde o 11 de marzo ao 1 de maio entrarán no sorteo de 5 soldos mensuais de 100 euros e 10 soldos mensuais de 50 euros, que as afortunadas e os afortunados poderán gastar entre xuño e novembro. José Carlos Paleo explicou que “quixemos facer esta campaña especial coa dobre celebración do día do pai e do día da nai para tentar dinamizar o noso comercio tanto nas compras...

leer más
Etiquetas:
05/01/2022

Os números afortunados foron o 15.539, o 74.783 e o  122.250. Como reservas por este orde quedan: o 132.089, o 35.701 e o 148.327.

O sorteo máis esperado do Nadal de Viveiro xa ten números premiados. Recordamos que debido á situación sanitaria actual cancelouse o sorteo presencial na Praza Maior e fíxose o sorteo nas oficinas do CCHV. 

Lembramos que o premio consiste en 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, sendo 100€ ó mes para cada un dos 3 agraciados. Este sorteo vai xa pola9ª edición e converteuse en todo un clásico e nunha cita ineludible do Nadal; o ano pasado tivo que suspenderse por mor da pandemia e este ano vímonos na obriga de cambiar o formato de sorteo presencial a online, pero non por elo queremos deixar de repartir os premios. 

Ó longo...

leer más