Premios
O público do XVI Ribadeo de Tapeo decidiu que a mellor tapa foi a elaborada por La Flor de Jose e a mellor barra recaeu no Bar Queimada.
Con anterioridade xa se coñeceran as tapas elixidas polo xurado oficial do veterano concurso gastronómico. O primeiro premio foi para o Bar Queimada, o segundo para Ramonita e o terceiro para El Oviedo. A Tapa de Ribadeo recaeu no Marinero que obtivo, a súa vez, unha mención especial pola súa elaboración excepcional. E outra mención especial foi para o Kalpa Amodiño por ser pensada a súa tapa para toda a clientela e elaborada con creatividade e produtos de cerca.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, felicita aos gañadores do XVI Ribadeo de Tapeo: “queremos felicitar a todos os gañadores, aos elixidos polo xurado profesional e aos elixidos polo público...
leer másO salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acollerá o sábado 3 de xuño o acto de entrega de premios do Certame das Letras Galegas da Biblioteca de Alfoz.
Ás 20:30 o grupo Trémola porá en escena a obra Unha nova galaxia. Trátase dunha recreación da vida de Francisco Fernández del Riego a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. Ao remate procederase á entrega dos Premios de Debuxo e Narrativa das tres categorías da fase local do Certame organizado pola Biblioteca. Os gañadores/as competirán a nivel provincial no concurso da Biblioteca Pública de Lugo.
A actividade está organizada polo Concello de Alfoz coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Xa se coñecen os gañadores do Ribadeo de Tapeo de 2023, que se desenvolveu do 13 ao 21 de maio en trinta locais hostaleiros da vila.
O xurado profesional, composto por César Couceiro, Elisabet Castro e Iago Álvarez, resolveu que os gañadores do XVI Ribadeo de Tapeo sexan os seguintes:
-1º premio: Bar Queimada coa tapa Eijo
-2º premio: Ramonita coa tapa Ravioli de cocido gallego
-3º premio: El Oviedo coa tapa Xiba, lentella, caviar e manteiga café
-A Tapa Ribadeo foi para o Molete mariño do restaurante Marinero e recibiu unha mención especial por ser pensada para todo o público, por empregar na súa elaboración produto de proximidade e pola súa creatividade a Oda á terra do Kalpa Amodiño.
Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, agradece “a participación de todos os...
leer másO salón de plenos acollerá o 24 de maio a entrega dos premios aos gañadores do Concursos de Lemas e Debuxo-Pintura para a eliminación da discriminación racial do ano 2023, que foron convocados pola Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración. O acto terá lugar ás 11 da mañá.
Deixa que as diferenzas nos unan, de Mª Jesús Miraz Rivera foi o gañador do IX Concurso de Lemas.
E os premiados no IX Concurso de Debuxo-Pintura foron:
-2º categoría: - 1º Premio - Shiva Eliska Alinda Nurhakim.
-3º Categoría: - 1º Premio - José López Losada
2º Premio - Daniel Méndez Fernández
A concelleira de Inmigración, Cooperación e Integración, Noelia Mª Ben, felicita “aos gañadores e gañadoras e quero aproveitar para agradecerlles a todas e a todos a súa...
leer másAcisa Ribadeo fai un balance positivo do arranque da campaña do seu Rasca e Gaña, que deu comezo o pasado venres e que se prolongará ata o 23 de xuño. Dende a asociación destacan que se repartirá 15.000 premios valorados en máis de 180.000 euros. E o volume de negocio que xerará estímase que será superior aos dous millóns de euros.
A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, destacou: “estamos moi contentos de como arrancou a campaña do Rasca e Gaña de Acisa Ribadeo. As primeiras impresións recibidas tanto dos negocios como da clientela son moi boas. A xente está contenta, xa se comezou a entregar algún premio e isto é moi importante”.
E engadiu: “na hostalaría nesta semana ademais temos un dobre aliciente, en 13 dos establecementos participantes no Ribadeo de Tapeo, que organiza o Concello, que son asociados...
leer másAciaFozCCA sorteou hoxe os 1.500 euros en vales de compra da campaña do día do pai, que se desenvolveu do 4 ao 19 de marzo.
O sorteo, que tivo lugar nas instalacións de Radio Foz, foi conducido por Anxo Rivas. Ao mesmo asistiron o concelleiro de Comercio de Foz, Chema Linares, e a xerente de AciaFozCCA, Ana Segade.
As premiadas son as seguintes:
Tamara Suárez Peláez é a gañadora do vale de 500 euros. Ela fixo unha compra en Unique. E con 200 euros en vales de compra resultaron premiadas Julia Maseda Otero, que mercou en Decoraciones Pura; Elena Pérez López, en Clínica Maas Saúde; María Couto Amor, en Salai Campo; Pilar Campo Díaz, en Centro Óptico Elíseo, e Dulce María Joven Gómez, en Xoguetería Bahía.
Desde AciaFozCCA felicitan “ás gañadoras ás que animan a...
leer másAlumnado de 4º de la ESO del Colegio Sagrado Corazón, de Ribadeo, organiza un sorteo de premios valorados en más de 1.500 euros con el objetivo de recaudar fondos para su viaje de fin de curso a París. Acisa colabora difundiendo la iniciativa y acogiendo dicho sorteo.
Madres y padres que colaboran con ellos explican que “para recaudar fondos, l@s alumn@s del colegio Sagrado Corazón, de Ribadeo, editaron unas cartulinas con más de 1.500 euros en premios. Es un DISFRUTA RIBADEO a través de su oferta gastronómica, deportiva y de ocio. Por sólo 2 euros cada persona que cubra una casilla puede optar a los 30 premios conformados por menús degustación, cenas temáticas, alojamiento en hoteles, consumiciones, experiencias de pádel, surf, golf, kayaks, paseos por la ría o motonáutica. Se trata de una amplia oferta en todas sus dimensiones”.
... leer másA cidade episcopal celebra un ano máis o seu Entroido onde se repartirán 5.000 € en premios. A presente edición levarase a cabo o vindeiro sábado día 25 de febreiro e terá actividade festiva ao longo de todo o día.
Comezarán os actos de Entroido na mañá do sábado co Encontro de Baterías de Percusión que este ano será o segundo consecutivo no que se celebre.
A actividade de tarde arrancará ás 17:30h no Campo dos Paxariños, dende onde sairá o desfile – concurso de máscaras que percorrerá as rúas de Mondoñedo para rematar na Praza da Catedral.
Tras disto, como remate da festa, a Orquestra Principal e a Discoteca Onda Norte animarán a xornada na Praza do Concello, onde estará instalada unha carpa. Este será o lugar onde se entregarán os premios do concurso de disfraces, sendo a hora elixida...
leer másO Goberno local adianta algunhas das actividades do programa deste ano, que se anunciará nas próximas semanas
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, presentaron o cartel do Entroido 2023 e adiantaron algunhas das actividades que incluirá esta celebración. No marco desta festa, o Concello anuncia a organización do concurso de disfraces do desfile de Entroido.
“O Entroido é, sen dúbidas, unha das datas máis sinaladas en Viveiro. Agardamos que tanto os nosos veciños e veciñas, como a xente que nos visita nestes días, desfruten do ambiente da nosa vila”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
O certame de disfraces contempla categorías de adultos (carrozas, comparsas, grupos, parellas e individual) e infantil (individual...
leer más