Pataca

Etiquetas:
24/02/2017

O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá unha charla sobre a praga da couza da pataca o vindeiro mércores, día 1 de marzo, ás 12 do mediodía. Nesta sesión informativa intervirán técnicos da Consellería do Medio Rural, da Xunta de Galicia.

 

Etiquetas:
13/02/2017

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo comezará o 14 de febreiro en Xove, a rolda de charlas informativas sobre a praga da couza da pataca abertas a todos os veciños e veciñas que estean interesados.

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que xa se pecharon datas en once concellos da provincia para que os técnicos da Consellería do Medio Rural ofrezan as explicacións oportunas aos afectados.

As datas e horarios confirmados ata  o de agora son os seguintes:

- Martes día 14, ás 20 horas, en Xove, no salón de actos do Centro Cívico
- Mércores día 15, ás 12 horas, en Abadín, no salón de actos do Concello 
- Mércores día 15, ás 20 horas, en Mondoñedo, no Centro Comarcal
- Xoves día 16, ás 20,30 horas, en Ribadeo, no salón de actos da Casa do Mar
-...

leer más
Etiquetas:
28/01/2016
Nordés Faladora aborda nas xornadas "Labregos do século XXI" a praga da couza, que sofre a pataca. Será o 29 e o 30 de xaneiro.
 
Nordés, a asociación polo desenvolvementos das Terras da Faladora sigue incorporando novos contidos ás súas actividades. Nesta ocasión levará adiante unhas xornadas adicadas a un dos productos polos que Galiza ten sona: a pataca, centrándose nun dos meirandes problemas que sofre este tubérculo: a praga da couza, e dende a perspectiva dos labregos do século XXI, aqueles que están comprometidos coa agricultura ecolóxico sin esquecer a tradición.
 
As xornadas terán dous actos diferenciados, sendo o primeiro o venres, 29 de xaneiro, no salón de actos da Casa do Concello de Mañón, e consistirá nunha charla informativa na que compartirán micrófono os labregos Henrique Puentes e Quique Fojón coa técnica da Oficina Agraria Comarcal de...
leer más