Rúas

Etiquetas:
28/07/2022

A Delegación de Cultura do Concello de Burela informa de que mañá, venres 29 de xullo, actuará polas rúas da vila a charanga NBA para amenizar un dos venres previos á esperada Feira do Bonito. 

A proposta musical contribuirá a ambientar o II Tapeo Bonito que comezou hoxe en nove establecementos de hostalería de Burela, con máis de 30 propostas de pratos e tapas, tendo como produto principal o bonito e presentado en distintas elaboracións como zorza, á grella, en empanada, salpicón ou hamburguesa.

Desde a Delegación de Cultura e a Asociación Ledicia decidiron poñer unha nota musical aos dous venres previos á Feira do Bonito, tanto o 29 de xullo como o 5 de agosto, comezando mañá coa charanga NBA, unha das máis coñecidas en Galicia. Os músicos sairán da zona de Vista Alegre ás 20 horas e rematarán na praza da Mariña...

leer más
Etiquetas:
17/12/2021

A agrupación musical Dambara, de Burela, animará mañá, sábado, as rúas da vila dentro da programación de Nadal do Concello.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “queremos desde el Concello de Burela anunciar que mañana, 18 de diciembre, habrá un pasacalles desde la zona del Campón, desde un extremo de la Avenida Arcadio Pardiñas hasta el centro de Burela, a cargo de la agrupación musical Dambara. Ya otros años en Navidades suelen hacer este pasacalles y una vez más lo van a ofrecer”.

O edil salientou que “a mí me gustaría agradecer desde el Concello, desde la Delegación de Cultura también, toda la implicación de esta agrupación musical que ya tiene una historia en Burela y que se involucra siempre en todos los eventos para los que les pedimos ayuda. Sólo podemos estar agradecidos de tener una agrupación...

leer más
Etiquetas:
11/12/2020

A charanga Mekánika animará coa súa música as rúas de Burela mañá, sábado, pola tarde entre as 17:30 e as 20:30 horas, segundo acaba de confirmar o concelleiro de Cultura, José Díaz. A súa actuación estaba prevista para a pasada fin de semana, pero tivo que aprazarse debido ás intensas chuvias caídas durante a o pasado 5 de decembro. 

Díaz subliña que “mañá teremos a oportunidade de disfrutar en Burela coa mellor charanga de Galicia, que inundará co seu ritmo as rúas de Burela. Quixemos aproveitar para facer coincidir esta actuación co Black Friday, que se celebra no comercio local esta fin de semana, e así apoiar o movemento comercial da nosa vila”. 

O edil burelés engadiu: “parécenos importante botar unha man e darlle alegría ás nosas rúas, seguindo os protocolos de seguridade e con orden”. 

 

Etiquetas:
01/08/2020

O Concello de Viveiro, a través da Delegación de Cultura, presenta para este mes de agosto “De Ruada”. Trátase dun novo proxecto que aposta pola cultura e a música nas rúas e polo factor sorpresa como forma de evitar aglomeracións. 

Este proxecto pioneiro, cuxo slogan é “Cultura de rúa para a xente das rúas”, tivo que aprazarse no mes de xullo polo rebrote de coronavirus na comarca da Mariña. Agora, Viveiro retoma De Ruada durante os sábados de agosto, recorrendo as vías de Viveiro, Celeiro e Covas. Con este novo formato de pasarrúas,  preténdese que os veciños se atopen coa música por sorpresa nas rúas, garantindo así a distancia social. 

Desde a Concellería de Cultura víronse na obriga de facer un novo calendario e aprazar os espectáculos de gran formato, como a Romaría de Naseiro, para o ano que ven, pero...

leer más