Lourenzá acollerá unha charla sobre a praga da couza da pataca. Será o 1 de marzo no salón de actos da Casa do Concello.

O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá unha charla sobre a praga da couza da pataca o vindeiro mércores, día 1 de marzo, ás 12 do mediodía. Nesta sesión informativa intervirán técnicos da Consellería do Medio Rural, da Xunta de Galicia.