Natureza

13/08/2019

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, pon en valor que o Conxunto Etnográfico do Vilar, inaugurado esta mañá, contribúe a desenvolver a oferta turística do Concello e a identificar a cidade como un destino con actividades da natureza “sumamente atractivo”.  

A rexedora precisa que este proxecto integral, que inclúe un albergue da natureza, unha aula da natureza e un centro de recepción BTT que se porá en funcionamento proximamente, supón unha “aposta pola natureza como valor seguro que sempre debemos coidar e protexer”.A rehabilitación do conxunto etnográfico deu comezo o 5 de novembro do ano 2003.

O acto de inauguración contou coa participación da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, membros da Corporación mindoniense e outros representantes das administracións; ademais de propietarios dos terreos...

leer más
Etiquetas:
02/08/2016
Este 3 de agosto, dentro dos Mércores da Natureza do Concello do Vicedo, terá lugar a baixada do río Sor en kayaks.
 
Un dos puntos fortes do Vicedo e da Mariña é a natureza. O Vicedo fai desta fortaleza o seu eslogan turístico "NATUREZA ENVOLVENTE" e cada ano organiza os chamados mércores de natureza onde se organiza algún tipo de actividade relacionada co entorno natural do concello e da comarca (pode ser ruta de sendeirismo, ruta de kayak, rutas mixtas, etc).
 
Este vindeiro mércores, 3 de agosto, a actividade será o descenso en kayak do Río Sor, unha actividade que se organiza cada verán porque nos permite dar a coñecer o Río Sor e parte da Ría desde dentro. Nesta ruta, que dura unhas 2 horas, os participantes poderán observar os seguintes puntos de interese: O entorno de Ribeiras do Sor (o punto navegable máis alto do Río), á área recreativa de...
leer más
Etiquetas:
26/10/2015
A ACD. Xove pecha a tempada 2015 o 8 de novembro cunha ruta pola costa do municipio.
 
O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE organiza o vindeiro 8 de novembro a Ruta Senda Costeira de Xove, unha proposta á que están convidados todos os amantes da natureza e coa que os organizadores queren contribuír ao mellor coñecemento da comarca mariñá.
 
O punto de saída é o Portiño de Morás, no que os participantes deben estar ás 9:30 horas. O traxecto é de 12 quilómetros, pero a dificultade do percorrido é baixa e cunha duración de tres horas e media. A inscrición é gratuíta e poderá facerse até o 6 de novembro na Piscina Municipal de Xove ou no teléfono 618976159. O xantar está previsto no bar A Cancela, de Morás, e consistirá nun cocido. A comida custa 22 euros -12 euros para os nenos- e vai por conta propia, previa...
leer más