Seguen os mércores de natureza coa clásica subida ao Sor en kaiaks, que organiza o Concello de O Vicedo.

Un verán máis o Concello de O Vicedo organiza os mércores de natureza, un programa no cal levan a cabo diversas actividades durante o mes de xullo. Comezaron o pasado mércores 6 na praia de Arealonga e continúan cunha actividade xa tradicional: a ruta de kayaks. 

Comezará ás 11 horas, saíndo dende o porto pesqueiro do Vicedo para cruzar a ría, pasar diante do porto do Barqueiro, Pontes sobre o Río Sor, Illa de S.Martiño, Área recreativa de Ribeiras do Sor e Ponte de Ribeiras do Sor. 

O prezo é de 17 euros por persoa. Os interesados en acudir deberán anotarse chamando ao teléfono 982 590 195 ou no correo electrónico omix@concellodovicedo.org