Mércores

Etiquetas:
14/07/2020

Este mércores, 15 de xullo, celébrase a subida do río Sor en kaiaks.

A saída terá lugar dende o porto de O Barqueiro ás 10:00 horas e o regreso farase en furgonetas de Actividades Estaca desde Ribeiras do Sor. A duración aproximada será de dúas horas.

As persoas interesadas poden anotarse na Casa da Cultura de O Vicedo e a través do número de teléfono 982 59 01 95.

Esta actividade enmárcase dentro dos Mércores de Natureza. 

 

Etiquetas:
08/06/2020

O alcalde, Fernando Suárez, anunciou que o mercado semanal dos mércores contará esta semana coa totalidade dos postos que había na súa ubicación anterior. Para o rexedor isto suporá un novo impulso para o mercado ribadense, onde seguirá habendo estritas medidas de protección e de hixiene e onde se deberán manter as distancias de seguridade entre vendedores e compradores. Os postos estarán colocados no aparcamento municipal e na rúa Daniel Cortezón.

Fernando Suárez contou que “logo de ir aumentando o número de postos nestas últimas semanas, desde que cambiamos o mercado semanal dos mércores para a nova ubicación no aparcamento público detrás da Avenida de Galicia, este mércores contamos con celebralo coa totalidade dos postos que había tanto no ámbito agroalimentario como noutro tipo de sectores como o téxtil, etc…”.

... leer más
Etiquetas:
26/05/2020

Mañá, mércores, terá lugar unha nova edición do mercadiño semanal de Ribadeo na súa nova localización no aparcadoiro municipal. Aos postos agroalimentarios uniranse mañá outros de ferraxería, antigüidades, bixutería, calzado e bolsos. Tal e como veu acontecendo nas dúas últimas semanas o mercado cumprirá con todas as medidas de hixiene e seguridade para facer fronte ao Covid-19: “hai unha serie de medidas de obrigado cumprimento para as persoas vendedoras, que estarán suxeitas a unha serie de normas protocolarias de sanidade como levar máscara, garantir dous metros de distancia entre eles e a clientela, desinfectar e limpar frecuentemente a maquinaria empregada ou poñer a disposición da clientela luvas e líquido hidroxel, entre outros. Pero tamén as persoas usuarias destes mercados deberán garantir a separación entre eles, en todo momento, de dous metros de...

leer más