Este mércores, 27 de maio, haberá novo mercado semanal en Ribadeo. Será no aparcamento municipal e haberá mais postos.

Mañá, mércores, terá lugar unha nova edición do mercadiño semanal de Ribadeo na súa nova localización no aparcadoiro municipal. Aos postos agroalimentarios uniranse mañá outros de ferraxería, antigüidades, bixutería, calzado e bolsos. Tal e como veu acontecendo nas dúas últimas semanas o mercado cumprirá con todas as medidas de hixiene e seguridade para facer fronte ao Covid-19: “hai unha serie de medidas de obrigado cumprimento para as persoas vendedoras, que estarán suxeitas a unha serie de normas protocolarias de sanidade como levar máscara, garantir dous metros de distancia entre eles e a clientela, desinfectar e limpar frecuentemente a maquinaria empregada ou poñer a disposición da clientela luvas e líquido hidroxel, entre outros. Pero tamén as persoas usuarias destes mercados deberán garantir a separación entre eles, en todo momento, de dous metros de distancia entre si, e deberán permanecer o menor tempo posible no mercado recomendándose tamén o acceso a el con máscara e con luvas”, insistía o alcalde, Fernando Suárez, hai uns días.