Influencers
19/09/2026
O auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acolle a representación da obra teatral titulada #Influencers, unha comedia en rede este domingo, día 20 de setembro, ás 20:30 horas.
O Concello de Ribadeo anuncia: “Que pasa cando as redes sociais deixan de ser só unha pantalla e se converten na nosa maneira de vivir, relacionarnos… e mesmo de mirarnos a nós mesmos? Chega ao Auditorio Municipal Hernán Naval #INFLUENCERS, unha comedia para rir, pensar e recoñecernos -quizais máis do que nos gustaría- neste mundo de likes, filtros e exposición constante”.
En escena estarán Elsa Comesaña, Iván Dávila e Brais Iriarte, baixo a dirección de Chiqui Pereira.



