Ascenso

Etiquetas:
24/04/2018

O Concello de Foz freta un autobús para que os veciños que o desexen viaxen gratuitamente a Monforte este domingo, día 29, para apoiar ao CD Foz, que se enfronta ao Lemos, nun partido decisivo para o ascenso de categoría.

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, explica que se organiza esta viaxe “dado a boa traxectoria que está tendo o noso club na Primeira Rexional e disputando nestes días encontros importantes para o ascenso, concretamente na próxima xornada contra o Lemos, de Monforte, que é o club que o segue e que está loitando co Club Deportivo Foz para o ascenso. O que quere facer o Concello de Foz, concretamente a Concellería de Deportes, é apoiar ao noso club para que teña máis arroupo na consecución do seu obxectivo, que é o ascenso”.

Javier Castiñeira engade que “para iso imos poñer un autobús que...

leer más