A afección do Celta Barreiros está convocada a acompañar ao equipo o 14 de abril ao campo do Matela. Haberá autobús e entradas gratis para os asistentes.

A directiva do C.F. Celta Barreiros invita a socios e afeccionados a asistir o vindeiro domingo, 14 de abril, ao partido que o enfrontará ao AD Matela, na fase de ascenso a segunda rexional. O equipo barreirense gañou 2-0 na casa, “entón imos con moita ilusión o domingo a ver este encontro e queremos que moitos socios, socias e afeccionados en xeral nos acompañen”, sinalan desde a propia directiva. 

Haberá autobús e entrada de balde para todas as persoas que se animen a viaxar o vindeiro domingo co Celta Barreiros. O bus sairá ás tres da tarde das inmediacións do restaurante O Asador, na Cruz do Lobo.